Bolboreta pavo real

Bolboreta pavo real

Aglais io en Oxfordshire, Inglaterra (vista dorsal)

Parte ventral das ás.
Parte ventral das ás.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Tribo: Nymphalini
Xénero: Aglais
Especie: A. io
Nome binomial
Aglais io
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Inachis io
Nymphalis io
Papilio io

A bolboreta pavo real[1], de nome científico Aglais io (antes chamada Inachis io),[2][3][4] é unha rechamante bolboreta que vive en Europa e zonas temperadas de Asia ata chegar polo leste ao Xapón. É unha das bolboretas da fauna galega. Anteriormente estaba clasificada como único membro do xénero Inachis. Esta especie vive como residente na maior parte da súa área de distribución, e a miúdo inverna en edificios ou árbores, polo que aparece bastante cedo na primavera. Foi investigada para estudar o papel das manchas oculares ou ocelos das súas ás como mecanismo antidepredadores.[5] A especie está expandíndose dentro da súa área[2][6] polo que non está ameazada.[6]

Etimoloxía

O nome específico io deriva do personaxe da mitoloxía grega Ío, filla de Inachus e sacerdotisa de Hera en Argos (de onde deriva tamén o nome do seu antigo xénero Inachis).

Características

Esta bolboreta ten unha envergadura de ás de 50 a 55 mm. A cor de fondo das ás é un vermello oxdado, e as puntas das ás levan unha distintiva mancha ocular ou ocelo de cor negra, azul e amarela. A parte inferior das ás é moi diferente, moito menos rechamante e dunha cor críptica marrón escura ou negra. Existen dúas subespecies, A. io caucasica (Jachontov, 1912) que se encontrou en Acerbaixán (antes I. io caucasica) e A. io geisha (Stichel, 1908) que se encontrou no Xapón e no oriente distante ruso (antes I. io geisha).

Historia natural

Vive en bosques, campos, praderías, pasteiros, parques e xardíns, e desde as terras baixas ata alturas de 2500 m. É unha bolboreta relativamene común, non difícil de ver en moitos parques e xardíns europeos. O macho mostra un comportamento territorial, en moitos casos os territorios son seleccionados cando as femias van camiño dos sitios de ovoposición.[7]

Hiberna durante o inverno despois de poñer os seus ovos no inicio da primavera, en grupos de 400 ovos de cada vez.[2] Os ovos teñen unha especie de costelas reforzantes e son de cor olivácea escura e deposítanse sobre a cara e o envés das follas de ortigas (Urtica dioica e Urtica urens)[8] e lúpulo.[2] As eirugas son dun negro brillante con seis ringleiras de espiñas barbadas e unha serie de puntos brancos en cada segmento, e cabeza negra brillante. As eirugas eclosionan despois de aproximadamente unha semana da posta do ovo e medran ata os 42 mm de lonxitude. As crisálides poden ser cincentas, castañas, ou verdes e poden ter un ton anegrado.[8]

As bolboretas adultas liban nectar dunha ampla variedade de plantas anxiosermas, como Buddleja, salgueiros, Taraxacum, maiorana silvestre, sabugueiriño, Eupatorium cannabinum, e trevo; pero tamén se alimentan de zume elaborado de árbores e froita podre.

Comportamento

Sistema de apareamento e comportamento territorial

Aglais io emprega un sistema de apareamento monandro, o que significa que só se aparea cun individuo en cada período reprodutivo. Isto débese ao seu ciclo de vida no cal a femia está receptiva só durante o período de eclosión, despois de hibernar. A parella só se aparea tamén despois de hibernar, polo que é moi difícil atopar unha femia receptiva despois dese período.[9] Nas especies nas que a área onde están as femias non é defendible por un macho, os machos deben defender unha soa área desexable pola que as femias poderían pasar, como áreas con gran densidade de alimentos, buratos con auga, ou sitio favorables para aniñar. Os machos despois intentan aparearse con femias a medida que pasan por alí. O feito de manter o control dun territorio desexable incrementa a probabilidade do macho de atopar unha parella, o que aumenta o seu éxito reprodutivo. Con todo, cada individuo necesita ponderar os beneficios de aparearse co custo de defender un territorio.[10] Aglais io mostra este tipo de comportamento territorial, e debe efender un territorio desexable da competencia doutros machos. Se só un dos machos coñece o territorio ben, expulsará con éxito aos intrusos. Pero se ambos os machos en cuestión están familiarizados cun terriotorio, haberá unha pugna entre os dous para determinar cal deles permanecerá no territorio. Os sitios máis notables son aqueles que incrementan a cota de femias do macho. Estes sitios son xeralmente sitios de alimentación e oviposición, que son moi procurados polas femias. Ese comportamento territorial está reforzado polo feito de que eses sitios están todos concentrados. Se os recursos valiosos estivesen dispersos, observaríase un menor comportamento territorial.[11] Para atopar parella e defender o seu territorio, Aglais io mostra un comportamento consistente en permanecer pousado. As bolboretas macho fican pousadas sobre un obxecto a unha determinada altura desde onde poden observar os obxectos que pasan voando. Cada vez que ven pasar un individuo da súa especie ou dunha especie relevante, voan directamente cara a el ata que están a uns 10 cm. Se encontra un macho, o macho residente expúlsao do seu territorio. Se encontra unha femia, perséguea ata que ela pousa e seguidamente ten lugar o apareamento.[12] O cortexo nesta especie é longo. O macho realiza unha longa serie de persecucións nas que el debe mostrar unha grande habilidade voadora, antes de que a femia lle permite aparearse.[13]

O sistema de apareamento monandro causou a evolución dunha duración da vida máis curta nos machos desta especie. En bolboretas polixinas, o éxito reprodutivo dos machos depende en gran medida da duración da súa vida. Por tanto, canto máis viva o macho máis se poderá reproducir, polo que terá unha mellor eficacia biolóxica ou fitness, o que determina que os machos tendan a vivir tanto coma as femias. En A. io a eclosión síncrona ao final do inverno fai que os machos só se apareen uha vez. O seu éxito reprodutivo non está, pois, ligado á duración da súa vida, e non hai presión selectiva para vivir máis tempo, polo que os machos viven menos que as femias.[9]

Mecanismos de defensa antidepredadores

Detalle dunha mancha ocular ou ocelo das ás.

A. io ten mecanismos de defensa antidepredadores que dependen das catro manchas oculares ou ocelos da parte dorsal das súas ás. Estes ocelos están coloreados brillantemente en círculos concéntricos. Como moitas outras bolboretas que hibernan, esta bolboreta mostra moitas liñas de defensa contra posibles depredadores. As aves que son depredadores da bolboreta inclúen o ferreiriño bacachís, o papamoscas negro e outros pequenos paseriformes. A primeira liña de defensa contra estes depredadores que teñen moitas bolboretas hibernantes é a de agocharse cripticamente, é dicir pasaren desapercibidas no seu ambiente ao imitaren uha folla ou permaneceren inmóbiles.[14] Algunhas bolboretas hibernantes como A. io teñen unha segunda liña de defensa: cando son atacadas, abren as súas ás, mostran os seus ocelos das ás e realizan unha exhibición intimidante que serve de ameaza.[14] A exhibición visual intimidante que mostra A. io dálle moitas máis posibilidades de escapar aos depredadores da que teñen as bolboretas que só confían en imitar unha folla.[14] Aínda que as principais medidas antidepredación están dirixidas a pequenas aves paseriformes, mesmo as aves grandes como os pitos reaccionan a eses estímulos e evitan a bolboreta cando esta exhibe os seus ocelos alares.[15]

Aves depredadoras

As investigacións realizadas indican que os depredadores aviarios que tratan de atacar a bolboreta dubidan durante máis tempo se encontran bolboretas que exhiben ocelos nas ás que cando encontran outras que teñen ditos ocelos cubertos. Ademais, os depredadores retardan ao seu regreso onda a bolboreta se esta mostra as súas manchas oculares[15][16] e algúns depredadores mesmo foxen en vez de atacalas.[16] Ao intimidar o depredador de modo que este retarde ou renuncie ao ataque, esta bolboreta ten unha maior posibilidade de escapar á depredación.

Segundo a hipótese do mimetismo do ollo, os ocelos das ás teñen un propósito antidepredador ao imitar os ollos de depredadores naturais inimigos das aves.[15] A diferenza da anterior, a hipótese da visibilidade afirma que en vez de servir para que estas manchas se consideren que pertencen a un inimigo, a rechamante natureza dos ocelos das ás, normalmente grandes e brillantes, causa unha resposta no sistema visual do depredador que fai que eviten a bolboreta.[17]

Nun experimento, as respostas observadas nas aves depredadoras de bolboretas aos ocelos incluían un aumento da vixilancia, un retardo en volver onda a bolboreta, e a produción de chamadas de alarma asociadas con predadores que viven no chan.[15] Estas respostas aos estímulos aos ocelos alares apoian a hipótese do mimetismo, xa que indican que a ave depredadora sente que as manchas oculares pertencen a un inimigo potencial. Cando se enfronta con aves depredadoras de bolboretas como o ferreiriño bacachís, A. io fai un ruído asubiante e mostra os seus ocelos ameazantemente. Porén, o que máis protexe á bolboreta son os ocelos alares, xa que as bolboretas ás que se lles eliminou a súa capacidade de producir son pero teñen ocelos alares aínda poden defenderse moi ben contra os depredadores aviarios.[18]

Roedores depredadores

Cando está hibernando en zonas escuras, esta bolboreta pode encontrarse ás veces con roedores depredadores como pequenos ratos. Porén, contra estes depredadores, a exhibición visual dos ocelos alares é ineficaz debido á escuridade do ambiente. Contra estes depredadores a bolboreta produce un sinal auditivo asubiante que serve de disuasión.[19]

Notas

  1. Iglesias, Xosé Luís; Camino, Xulio Astor (1992). Guía das bolboretas de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 9788475076058. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Eeles, Peter. "Peacock - Aglais io". UK Butterflies. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2008. Consultado o 11 November 2010. 
  3. Aglais io, Moths and Butterflies of Europe and North Africa
  4. The higher classification of Nymphalidae Arquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., Nymphalidae.net
  5. Stevens, Martin (2005). "The role of eyespots as anti-predator mechanisms, principally demonstrated in the Lepidoptera". Biological Reviews 80 (4): 573–588. PMID 16221330. doi:10.1017/S1464793105006810. Consultado o 11 November 2010.  (Abstract)
  6. 6,0 6,1 "Peacock". A-Z of Butterflies. Butterfly Conservation. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2010. Consultado o 13 November 2010. 
  7. Price, Peter W. (1997). Insect ecology (3rd (illustrated) ed.). John Wiley. p. 405. ISBN 9780471161844. Consultado o 11 November 2010. 
  8. 8,0 8,1 Stokoe, W.J. (1966). The Observers Book of Butterflies. The Observer's Books (Fully illustrated ed.). London: Frederick Warne & Co. p. 191. 
  9. 9,0 9,1 Wiklund, Christer; Karl Gotthard, Sören Nylin (2003). "Mating system and the evolution of sex-specific mortality rates in two nymphalid butterflies". Proceedings of the Royal Society B 270 (1526): 1823–1828. ISSN 0962-8452. doi:10.1098/rspb.2003.2437. 
  10. Davies, N., Krebs, J., & West, S. (2012). An introduction to behavioral ecology. (4th ed.). West Sussex, UK: Wiley-Blackwell.
  11. Baker, R. R. (1972). Territorial behaviour of the nymphalid butterflies, Aglais urticae (L.) and Inachis io (L.). Journal of Animal Ecology 41(2): 453-469.
  12. Scott, J. A. (1974). Mate-locating behavior of butterflies.American Midland Naturalist 91(1): 103-117.
  13. Bergman, Martin; Karl Gotthard, David Berger, Martin Olofsson, Darrell J. Kemp, Christer Wiklund (2007). "Mating success of resident versus non-resident males in a territorial butterfly". Proceedings of the Royal Society B 274 (1618): 1659–1665. ISSN 0962-8452. doi:10.1098/rspb.2007.0311. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Crypsis versus Intimidation: Anti-Predation Defence in Three Closely Related Butterflies. Adrian Vallin, Sven Jakobsson, Johan Lind and Christer Wiklund Behavioral Ecology and Sociobiology, Vol. 59, No. 3 (Jan., 2006), pp. 455-459
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Olofsson, Martin, Hanne Løvlie, Jessika Tiblin, Sven Jakobsson, and Christer Wiklund. "Eyespot Display in the Peacock Butterfly Triggers Antipredator Behaviors in Naïve Adult Fowl." Behavioral Ecology 24.1 (2012): 305-10. Print.
  16. 16,0 16,1 Merilaita, S., A. Vallin, U. Kodandaramaiah, M. Dimitrova, S. Ruuskanen, and T. Laaksonen. "Number of Eyespots and Their Intimidating Effect on Naive Predators in the Peacock Butterfly." Behavioral Ecology 22.6 (2011): 1326-331. Print.
  17. Stevens, M., C. J. Hardman, and C. L. Stubbins. "Conspicuousness, Not Eye Mimicry, Makes "eyespots" Effective Antipredator Signals." Behavioral Ecology 19.3 (2008): 525-31. Print.
  18. Vallin, A., S. Jakobsson, J. Lind, and C. Wiklund. "Prey Survival by Predator Intimidation: An Experimental Study of Peacock Butterfly Defence against Blue Tits." Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 272.1569 (2005): 1203-207. Print.
  19. Olofsson, Martin, Sven Jakobsson, and Christer Wiklund (2012). Auditory Defence in the Peacock Butterfly (Inachis io) against Mice (Apodemus flavicollis and A. sylvaticus). Behavioral Ecology and Sociobiology 66.2: 209-15. Print.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Koordinat: 7°40′02.5″S 109°39′57.5″E / 7.667361°S 109.665972°E / -7.667361; 109.665972 Persak KebumenNama lengkapPersatuan Sepak Bola KebumenJulukanLaskar Joko SangkripWalet EmasKota/KabupatenKabupaten KebumenNegara IndonesiaFederasiPSSIBerdiri1967; 57 tahun lalu (1967)StadionStadion Candradimuka, Kebumen, Jawa Tengah(Kapasitas: 10,000)PemilikPT. Kebumen Beriman SportManajer Muhammad Faukhan Al HasaniPelatih Uphy Hi AzizLigaLiga 3Kelompok suporter...

 

 

Presiden Republik Cina (Taiwan) saat menginspeksi sebuah batalyon marinir di Kaohsiung, 6 Juli 2020 Howitzer swa-gerak 155mm milik Korps Marinir Republik Korea, 13 Maret 2013 Marinir, atau Korps Marinir (Prancis: corps de marinecode: fr is deprecated ) adalah cabang angkatan bersenjata yang memiliki kemampuan melakukan penyerbuan secara amfibi, menggunakan infanteri, kendaraan lapis baja, pesawat udara, serta kendaraan air. Peran sebuah Korps Marinir bisa berbeda pada setiap negara. Beberapa ...

 

 

PinyaramPanyaramPinyaram beras putih gula jawaNama lainPanyaram, Penyaram, Paniaram, PinjaramTempat asalIndonesiaDaerahMinangkabau (wilayah Sumatera Barat secara umum) dan Jambi — serta skala nasional meliputi Jawa, Sulawesi, Sumatra, Kalimantan, Madura, Kepulauan Kangean, Nusa Tenggara, dan juga dikenali di Brunei, Malaysia, dan ThailandMasakan nasional terkaitIndonesia (Sumatera Barat)Dibuat olehSuku MinangkabauSuhu penyajianPanas, Hangat, dan Suhu RuanganBahan utamaTepung beras, Gul...

العلاقات الأرجنتينية البوروندية الأرجنتين بوروندي   الأرجنتين   بوروندي تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الأرجنتينية البوروندية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين الأرجنتين وبوروندي.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية لل�...

 

 

Об экономическом термине см. Первородный грех (экономика). ХристианствоБиблия Ветхий Завет Новый Завет Евангелие Десять заповедей Нагорная проповедь Апокрифы Бог, Троица Бог Отец Иисус Христос Святой Дух История христианства Апостолы Хронология христианства Ран�...

 

 

British pay television channel Sky 2 redirects here. For the album, see Sky 2 (album). For the TV channel branded as Sky Mix in 2023, see Sky Mix. Not to be confused with Sky Max and the current day channel Sky Mix. Television channel Sky ReplayLogo used since 2020Broadcast areaUnited Kingdom and IrelandProgrammingPicture format16:9 576i SDTVOwnershipOwnerSky GroupSister channelsList of Sky UK channelsHistoryLaunched1 September 1996 (1996-09-01) (original)9 December 2...

American legislative district Maryland's legislative district 14Representspart of Montgomery CountySenatorCraig J. Zucker (D)Delegate(s) Anne R. Kaiser (D) Bernice Mireku-North (D) Pamela E. Queen (D) Registration56.7% Democratic21.5% Republican20.6% unaffiliatedDemographics43.4% White27.1% Black/African American0.4% Native American12.4% Asian0.0% Hawaiian/Pacific Islander6.8% Other race9.7% Two or more races14.1% HispanicPopulation ...

 

 

Corpus of historical carved writings of Khmer origin Khmer inscriptions are a corpus of post-5th century historical texts engraved on materials such as stone and metal ware found in a wide range of mainland Southeast Asia (Cambodia, Vietnam, Thailand and Laos) and relating to the Khmer civilization. The study of Khmer inscriptions is known as Khmer epigraphy. Khmer inscriptions are the only local written sources for the study of ancient Khmer civilization.[1] More than 1,200 Khmer ins...

 

 

American politician (1815-1898) For his nephew, the Mayor of Baltimore, see Robert McLane. For the Maryland state steamer, see Governor R. M. McLane (steamboat). Robert Milligan McLaneRobert Milligan McLane in an 1858 portrait by George Peter Alexander Healy27th United States Minister to FranceIn officeMay 14, 1885 – May 20, 1889PresidentGrover Cleveland Benjamin HarrisonPreceded byLevi P. MortonSucceeded byWhitelaw Reid39th Governor of MarylandIn officeJanuary 9, 1884 –...

Military rank of the United States Navy The Deputy Judge Advocate General of the Navy (DJAG)[1] is the second-highest ranking JAG officer and lawyer in the United States Navy. As part of the Judge Advocate General’s Corps, the DJAG also serves as Deputy Department of Defense Representative for Ocean Policy Affairs.[2] The DJAG was previously dual-hatted as Commander, Naval Legal Service Command (CNLSC), until the position was separated into a distinct position in 2021. Darse...

 

 

Mural in Palestine by artist Banksy Flying Balloon GirlOriginal mural on the West Bank wall in 2006ArtistBanksyYear2005 (2005) Flying Balloon Girl, also known as Balloon Debate, is a 2005 stencil mural in the West Bank by the graffiti artist Banksy, depicting a young girl holding a bunch of seven balloons floating above the 8 meter-high wall built around the Palestinian enclave near the Qalandia checkpoint.[1][2] It represents perhaps the first piece of West Bank Wall gra...

 

 

  المكتب الاتحادي لحماية الدستور المكتب الاتحادي لحماية الدستور المكتب الاتحادي لحماية الدستورختم   تفاصيل الوكالة الحكومية البلد ألمانيا  تأسست 7 نوفمبر 1950  المركز كولونيا51°01′10″N 6°53′29″E / 51.019444444444°N 6.8913888888889°E / 51.019444444444; 6.8913888888889  ،  وكولونيا...

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (أبريل 2021) المؤتمر السابع للتحالف الدولي لحقوق المرأةمعلومات عامةالبلد المجر المكان بودابست جزءٌ مِن سلسلة International ...

 

 

1920s period of sustained economic prosperity in Western Europe and North America For other uses, see Roaring Twenties (disambiguation). For the similar cultural period in France, see Années folles. For the similar cultural period in Germany, see Golden Twenties. Roaring Twenties1920–1929Josephine Baker performing the Charleston at the Folies Bergère, ParisLocationMainly the United States (equivalents and effects in the greater Western world)Key eventsOsage Indian murders Harlem Renaissan...

 

 

Stadium in Santa Barbara, California, US Harder StadiumSoccer HeavenAugust 2018Santa BarbaraLocation in the United StatesShow map of the United StatesSanta BarbaraLocation in CaliforniaShow map of CaliforniaFull nameMeredith Fieldat Harder StadiumFormer namesCampus Stadium(1966–1981)AddressStadium RoadLocationUniversity of California, Santa BarbaraCalifornia, U.S.Coordinates34°25′12″N 119°51′14″W / 34.42°N 119.854°W / 34.42; -119.854Public transitEl Coleg...

Public square in Constantinople Not to be confused with Philadelphian. The two statue groups of the Portrait of the Four Tetrarchs in Venice, possibly originally located at the Philadelphion Missing heel portion kept in the Istanbul Archaeology Museum The Philadelphion was a public square located in Constantinople. Location After passing the Forum of Theodosius, the Mese Odos (the main road of Constantinople) branched into two directions. One led to the quarter known today as Yedikule, via th...

 

 

الملعب المالي الاسم الكامل الملعب المالي لباماكو تأسس عام 1960  الملعب ملعب 26 مارس  البلد مالي  الدوري المالي القسم الاول 2008/09 2008/09 الإدارة الرئيس محمدو ساماكي المدير جبريل درامي الموقع الرسمي الموقع الرسمي  الطقم الرسمي الطقم الأساسي الطقم الاحتياطي تعديل مصدري -...

 

 

American record producer and musician (1942–1994) For other people named Jimmy Miller, see Jimmy Miller (disambiguation). Jimmy MillerMiller (center) with Keith Richards and Mick Jagger in 1969Born(1942-03-23)March 23, 1942Brooklyn, New York, U.S.DiedOctober 22, 1994(1994-10-22) (aged 52)Denver, Colorado, U.S.OccupationsRecord producermusicianSpouses Gayle Shepherd (divorced) Geri Miller ​(m. 1970⁠–⁠1991)​ Children2, 1 stepsonParentsBill...

家家可以指: 家家 (佛教),佛教術語,為修行位階之一。 紀家盈,藝名家家,是臺灣原住民族知名女歌手。 名稱以「家家」開頭的所有条目 这是一个消歧义页,羅列了有相同或相近的标题,但內容不同的条目。如果您是通过某條目的内部链接而转到本页,希望您能協助修正该處的内部链接,將它指向正确的条目。

 

 

Pablo LarraínPablo Larraín pada November 2013LahirPablo Larraín Matte19 Agustus 1976 (umur 47)Santiago de ChileKebangsaanChiliPekerjaanPembuat filmSuami/istriAntonia ZegersAnakJuana Larraín Zegers Pascual Larraín ZegersOrang tuaMagdalena Matte Hernán Larraín Penghargaan(24 Juli 2016) Platino Award for Best Screenplay (en) (2015) Silver Hugo Award for Best Screenplay (en) (2015) Silver Hugo Award for Best Director (en) (2015) Silver Bear Grand Jury Prize (en) Pablo Larraín Matte ...