Boca Norte é unha miniserie española creada por Eva Mor, dirixida por Dani de la Orden e Elena Trapé, e producida en 2019 por RTVE coa colaboración de Lavinia Audiovisual para a canle multiplataforma Playz de RTVE.[1] Está protagonizada por Begoña Vargas, David Solans, Guillermo Campra, Marina Castro, Júlia Creus, Guillermo Lasheras e Jasmine Roldán. Narra o xiro de vida dunha moza de 16 anos, quen acaba de chegar a un barrio humilde de Barcelona tras vivir nun dos barrios altos da cidade.[2][3]
Argumento
Andrea, unha adolescente que vive nun barrio alto de Barcelona, vese obrigada a mudarse a un barrio humilde da mesma cidade. Ante a situación, o seu pai quere que a súa filla se adapte, así que lle propón ir ao centro cultural Boca Norte. Alí coñecerá un grupo de mozos unidos polo trap, con quen creará coreografías e comporá cancións para esquecer os seus problemas. Logrará, así, deixar atrás os prexuízos sociais sobre eles.[4]
Capítulos
Capítulo 1. Andrea, unha moza dun barrio alto de Barcelona, ten que mudarse a El Carmel, un barrio humilde, para deixar atrás o seu pasado atrás. Alí coñece Boca Norte, un centro cultural xuvenil, e un grupo de adolescentes que comparten a súa paixón polo baile. Tras os prexuízos iniciais, deciden aceptar a Andrea e convidala ao aniversario de Katy, o cal non terminará ben.
Capítulo 2. O grupo ensaia unha canción que Andrea compuxo. Substitúe a Katy, xa que está castigada tras a festa do seu aniversario, o que fará que empece a estar desconforme con Andrea. Por outra banda, Andy e Sarah queren crear unha asociación feminista e solicitar información sobre sexualidade. Descobren que María é virxe, mentres que Lu presume de todas as mozas coas que estivo. Dani, o encargado da Boca Norte, empeza a achegar posturas con Andrea e confésalle os problemas económicos que o centro cultural está a pasar.
Capítulo 3. María non é a única que garda segredos. Lu vaise enfrontar ao seu e María apóiao, xa que empeza a ter sentimentos cara a el. Por outra banda, Sarah empeza a dubidar sobre a súa orientación sexual e Andrea grava o seu primeiro videoclip xunto a Andy.
Capítulo 4. O centro cultural celebra unha festa para recadar diñeiro ante os problemas económicos que sofre para salvalo do peche. Na festa os sentimentos empezan a agromar e Andrea, baixo o efecto das drogas, fará algo que non lles sentará ben de todo aos seus amigos.
Capítulo 5. O diñeiro conseguido non abonda para evitar o peche de Boca Norte. Sarah fai que Andrea confese o que dixo na mensaxe de son que esta lle enviou por equivocación. Isto fai que Dani e Andrea teñan unha conversación. María ten dúbidas sobre o ocorrido na festa con Lu e conta co apoio de Katy. Tras o ocorrido, o grupo non quere seguir adiante co grupo musical. Porén, Andy tenta convencelos polo éxito que está a ter o videoclip nas redes.
Capítulo 6. Boca Norte pecha as súas portas. María, Andy, Katy e Sarah inician unha protesta para evitalo, mais Dani xa está canso de loitar. Finalmente, Andrea recibe unha visita do pasado que fará que todo poida cambiar.[5]
Repartimento e personaxes
Personaxes principais
Intérpretes
|
Personaxes
|
Episodios
|
David Solans
|
Dani
|
6 episodios
|
Begoña Vargas
|
Andrea
|
6 episodios
|
Guillermo Campra
|
DJ Lu
|
6 episodios
|
Júlia Creus
|
Katy
|
6 episodios
|
Guillermo Lasheras
|
Andy
|
6 episodios
|
Marina Castro
|
María
|
6 episodios
|
Jasmine Roldan
|
Sarah
|
6 episodios
|
Personaxes secundarios
Actores
|
Personaxes
|
Episodios
|
Elena Serrano
|
Carol
|
6 episodios
|
Elena Marín
|
Carol
|
6 episodios
|
Víctor Rebull
|
Guillem
|
5 episodios
|
Soribah Ceesay
|
Amigo Guillem
|
4 episodios
|
Claudia Trujillo
|
Moza festa
|
3 episodios
|
José Barón
|
Cristóbal
|
2 episodios
|
Clara Griffiths
|
Vero
|
2 episodios[1]
|
Produción
Os seis capítulos da miniserie Boca Norte foi rodada en xullo de 2018 na capital catalá.[6][1] A súa narrativa transmedia permite ao público ver as contas dos personaxes en redes sociais e coñecelos a fondo.[1][2] Amais, cada capítulo inclúe unha canción reivindicativa dunha cantante de trap, como son Fusa Nocta, D’ Valentina, Blondie ou La Fanny.[3][4]
O 23 de decembro de 2018, durante o festival MiM Series no cine Verdi de Barcelona, estreouse a décimo terceira serie para a plataforma Playz de RTVE coa proxección dos dous primeiros capítulos.[7][8] Tempo despois, Playz decidiu lanza algunhas das súas series con máis éxito en formato longametraxe, entre elas, Boca Norte. Dese xeito, a plataforma busca que esas historias se poidan ver dunha forma distinta.[9][10]
Equipo técnico
Produción executiva RTVE
|
Eugenio Saavedra, Carlos Mochales, Agustín Alonso
|
Dirección de Contidos Playz
|
Alberto Fernández
|
Produción executiva Lavinia
|
Rubén Mayoral
|
Dirección Lavinia Audiovisual
|
Jordi Ferrerons
|
Dirección
|
Dani de la Orden e Elena Trapé
|
Idea orixinal e coordinación de contidos
|
Eva Mor
|
Guión
|
Miguel Ibáñez e Eva Baeza
|
Dirección produción
|
Elisabet Sánchez
|
Xefe de produción
|
Albert Molins
|
Dirección de fotografía
|
Miquel Rubis
|
Dirección de arte
|
Albert Ubach
|
Xefe de son
|
Xavi Saucedo
|
Xefe de vestiario
|
Vicente Campillo
|
Maquillaxe/ Perrucaría
|
Elisa Alonso
|
Dirección de elenco
|
Luci Lenox
|
Efectos gráficos e especiais
|
Bernat Fontanals
|
Montaxe
|
Oriol Pérez
|
Sintonía
|
Joan Vila
|
Foto fixa
|
César Gorriz
|
Produción transmedia
|
Alberto Jiménez e Lola Carrasco
|
Coreografía
|
Bea Villabol[1][3]
|
Crítica
Segundo Watmag, medio especializado en contidos dixitais, é unha serie que debe verse debido a cinco factores: a música urbana e o seu fío condutor, a diversidade sen prexuízos, o realismo tras os diálogos, o feminismo e os problemas xuvenís.[4] Por outra banda, Fuera de Series, páxina dedicada ás críticas, afirma que é unha serie que achega máis ao espectador a realidade das personalidades dos mozos en comparación ás series populares xuvenís emitidas anteriormente.[6]
Premios
Boca Norte foi premiada en 2019 co Premio Ondas ao mellor contido ou plataforma de emisión dixital na 66ª edición dos recoñecementos outorgados pola Cadena SER.[11][12]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Lavinia Audiovisual produce con RTVE ‘Boca Norte’, la nueva webserie de PLAYZ". Lavinia Comunica (en castelán). agosto-setembro 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2022. Consultado o 15 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Boca Norte. Serie TV". FormulaTV (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Boca Norte Serie - PLAY Series". ABC. 12 de novembro de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2021. [Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Sierra, Irene (21 de xaneiro de 2019). "Así es 'Boca Norte': la serie de Playz que te ayudará a superar el final de 'Élite' a través del trap". WATmag. Consultado o 15 de agosto de 2022.
- ↑ "Serie Boca Norte - Web Oficial". Playz (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 Such, Marina (24 de xaneiro de 2019). "‘Boca Norte’ es un nuevo ejemplo de que lo juvenil está en internet". Fuera de Series (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2022.
- ↑ Rivera, Antonio (27 de febreiro de 2019). "‘Boca Norte’ se desinfla en Playz (pero su peinado sigue divino)". La Verdad (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ Álvarez, Inés (24 de xaneiro de 2019). "'Boca Norte', la nueva serie de Playz, baila a ritmo de trap". El Periódico (en castelán) (Barcelona). Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ Suria, Rosa (8 de xullo de 2020). "Playz transforma sus ficciones de éxito en películas". Mew Magazine (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2022.
- ↑ "Boca Norte (Miniserie de TV) (2019)".
- ↑ "La serie “Boca Norte” se alzó con un Premio Ondas". Señal News (en castelán). 31 de outubro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Premio Ondas al mejor contenido digital para 'Boca Norte'". Lavinia Comunica (en castelán). outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2021. Consultado o 15 de agosto de 2022.
Ligazóns externas