Blanca Romero Ezama, nada en Xixón o 2 de maio de 1976, é unha actriz, cantante e modelo asturiana.
Traxectoria
Con 14 anos ofrecéronlle facer o seu primeiro desfile nunha boutique de Xixón. A raíz de aí se empezou a interesar no tema da moda e con 17 anos trasladouse a Madrid e dous anos despois a París para traballar en revistas de moda como Givenchy ou Madame.
A súa primeira canción compúxoa en 2001, cando non podía saír da casa duns amigos en Xixón debido a un terrible tempo. Durante eses 15 días decidiu compoñela. A mediados de 2006, co nome artístico de "La Perra", comezou unha carreira musical que non tivo continuidade.
Interveu nalgunhas reportaxes de Puntodoc (Antena 3) e El club de Flo (La Sexta), intervención grazas á cal o equipo de Física o química (Antena 3) se fixou nela, dando o salto á interpretación. Tamén apareceu en Las mañanas de Cuatro, After e en Supermodelo 2006. Foi portada en diversas ocasións de Elle e posou núa para denunciar a grave situación da auga, sendo modelo da Expo Zaragoza 2008.
En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrada xunto a Yon González.
Televisión
Cine
Premios e candidaturas
Vida privada
No ámbito persoal, deu a luz a Lucía en 1998. Mantivo relacións sentimentais con Joaquín Cortés ou Cayetano Rivera Ordóñez, co que estivo casada entre 2001 e 2004. O 21 de xullo de 2012, foi nai por segunda vez dun neno, Martín.
Notas