Bjørn Erlend Dæhlie, nado en Elverum o 19 de xuño de 1967, é un esquiador de fondo retirado e empresario noruegués. Entre 1992 e 1999 gañou a Copa Mundial Nórdica en seis ocasións, finalizando en segundo posto en 1994 e 1998.[1] Dæhlie gañou un total de 29 medallas olímpicos e eno Campionato Mundial entre 1991 e 1999, que o converten no esquiador de fondo máis laureado da historia.
Ademais de ser recoñecido polas súas participacións deportivas, Dæhlie é unha icona cultural norueguesa. Dende a súa retirada, investiu no negocio inmobiliario, que lle deron unha fortuna de máis de 250 millóns de coroas norueguesas, e na moda, cunha empresa propia de indumentaria e accesorios para esquiadores. Aparece frecuentemente na publicidade e mesmo presentou o programa de televisión Gutta på tur.
Comezou a practicar distintos deportes dende pequeno, inclinándose profesionalmente polo esquí por suxestión dun adestrador, a pesar de que desexaba ser xogador de fútbol. A súa primeira aparición olímpica foi nos Xogos Olímpicos de Calgary (1988) como parte do equipo noruegués, onde finalmente non disputou ningún evento, aínda que si lle serviu para dar os primeiros pasos no deporte profesional.[2] Debutou no Campionato Mundial o ano seguinte. As súas primeiras medallas obtívoas nos Xogos Olímpicos de Albertville (1992), con tres ouros.
Resultados olímpicos
- 12 medallas (8 ouros e 4 pratas)
Ano
|
Idade
|
10 km
|
Persecución
|
15 km
|
30 km
|
50 km
|
4×10 km remudas
|
1988 |
20 |
— |
— |
— |
— |
— |
—
|
1992 |
24 |
4 |
Ouro |
— |
Prata |
Ouro |
Ouro
|
1994 |
26 |
Ouro |
Ouro |
— |
Prata |
4 |
Prata
|
1998 |
30 |
Ouro |
Prata |
— |
20 |
Ouro |
Ouro
|
Resultados no Campionatos do Mundo
- 17 medallas (9 ouros, 5 pratas, 3 bronces)
Ano
|
Idade
|
10 km
|
15 km clásico
|
15 km estilo libre
|
Persecución
|
30 km
|
50 km
|
4×10 km remudas
|
1989 |
21 |
— |
— |
20 |
— |
— |
12 |
—
|
1991 |
23 |
9 |
— |
Ouro |
— |
— |
4 |
Ouro
|
1993 |
25 |
4 |
— |
— |
Ouro |
Ouro |
Bronce |
Ouro
|
1995 |
27 |
Prata |
— |
— |
5 |
Prata |
Prata |
Ouro
|
1997 |
29 |
Ouro |
— |
— |
Ouro |
Prata |
Bronce |
Ouro
|
1999 |
31 |
5 |
— |
— |
6 |
Bronce |
— |
Prata
|
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas