Birka foi unha poboación comercial fortificada dos suións, na era viquinga, situada na illa de Björkö no lago Malar, en Suecia. Con Hovgården, está clasificada como Patrimonio da Humanidade. É acesible en barco desde Strängnäs, Härjarö, Estocolmo e Södertälje.
Características
Foi fundada no século VIII e habitada até o X, sendo coñecida como "primeira cidade de Suecia", se ben Uppåkra en Escania é máis antiga. Tiña unha poboación de entre 700 e 1000 persoas. O seu mercado ofrecía peles do norte de Suecia, escravos, e artigos de luxo traídos polos viquingos do Rus de Kíiv, o Imperio Bizantino, Asia Central e Oriente Medio.[7] Puido ser destruída por viquingos daneses, e polo rei Olavo de Noruega cara ao ano 1007.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Ayoub, Munir Lutfe (2013). Gođkynningr: o rei escandinavo como ponte entre deuses e homens (en portugués). São Paulo: Pontifícia Universidade Católica de São Paulo.
- "Birka". Enciclopédia Nacional Sueca (en sueco). Gotemburgo: Universidade de Gotemburgo. 2019.
- Gabrielsen, Karsten; Thurban, Christian (2002). "Städer och marknader". Vikingar. En översikt (en sueco). Lunda: Historiska Media. p. 73. ISBN 91-89442-53-9.
- Jägerbrand, Mikael (2009). "Birka". Sveriges 33 mest sevärda vikingaplatser (en sueco). Brastad: Virvelvind Förlag. p. 74. ISBN 9789187363894.
- Magnusson, Thomas; Sjögren, Peter A. (2004). "Birka". Vad varje svensk bör veta (en sueco). Estocolmo: Albert Bonniers Förlag e Publisher Produktion AB. p. 654. ISBN 91-0-010680-1.
- Ohlmark, Åke (1975). "Birka". Fornnordisk ordbok (en sueco). Estocolmo: Tiden. p. 202. ISBN 91-550-1914-5.
- Orre, Håkan (2006). "Ortnamnen i Johannelund och Tolemåla" (PDF) (en sueco). Linköpings Universitet.
- Ottosson, Åsa; Ottosson, Mats (2012). "Det bästa av Uppland". Upplev det bästa i Sverige (Conheça o melhor da Suécia). Topplistor landskap för landskap (en sueco). Estocolmo: Bonnier Fakta. p. 118. ISBN 978-91-7424-212-6.
- "Birka and Hovgården". UNESCO. 1993.