Bingo: O Rei das Manhãs é un filme brasileiro de 2017 dirixido por Daniel Rezende no seu debut como director. O guión foi escrito por Luiz Bolognesi e está inspirado na vida de Arlindo Barreto, un dos moitos actores que interpretaron o papel de Bozo o pallaso no Brasil.[2] Porén, para evitar os dereitos de autor e preservar a súa liberdade creativa, a produción non empregou os nomes de Bozo ou Arlindo, adoptando os nomes ficticios de Bingo e Augusto.
O filme estreouse no Brasil o 24 de agosto de 2017. O 15 de setembro, foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas