BinckBank Tour 2018 |
Tipo | Eneco Tour |
---|
Deporte | ciclismo en ruta |
---|
Parte de | UCI WorldTour 2018 |
---|
Distancia do evento | 1.122,4 km |
---|
Lugar de saída | Heerenveen |
---|
Liña de meta | Geraardsbergen (pt) |
---|
Número de participantes | 161 |
---|
|
AG2R La Mondiale 2018, Astana 2018, Bahrain-Merida 2018, BMC Racing 2018, Bora-Hansgrohe 2018, Dimension Data 2018, EF Education First-Drapac 2018, Groupama-FDJ 2018, Katusha-Alpecin 2018, Lotto NL-Jumbo 2018, Lotto-Soudal 2018, Mitchelton-Scott 2018, Movistar 2018, Quick-Step Floors 2018, Sky 2018, Sunweb 2018, Trek-Segafredo 2018, UAE Emirates 2018, Roompot-Nederlandse Loterij 2018, Sport Vlaanderen-Baloise 2018, Verandas Willems-Crelan 2018, Wanty-Groupe Gobert 2018 e WB-Veranclassic-Aqua Protect 2018 |
|
País | Países Baixos e Bélxica |
---|
Intervalo de tempo | 13 de agosto de 2018 – 19 de agosto de 2018 |
---|
Número de edición | 14 |
---|
|
|
Gañador da clasificación por puntos | Zdeněk Štybar |
Vencedora da classificação por equipas | Quick-Step Floors 2018 |
Winner of the combativity classification | Elmar Reinders |
Gañador da clasificación xeral | Matej Mohorič |
Segundo da clasificación xeral | Michael Matthews |
Terceiro da clasificación xeral | Tim Wellens |
|
|
|
|
|
Páxina web oficial | sport.be… |
---|
|
|
|
A 14ª edición da Tour do Benelux, dende o 2017 coa denominación de BinckBank Tour, foi unha carreira ciclista celebrada nos países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo) entre o 13 e o 19 de agosto de 2018.
A carreira constou en seis etapas en liña e unha contra reloxo individual curta. Comezou na cidade neerlandesa de Heerenveen. Logo de completar de 1.122,4 quilómetros, a volta finalizou na mesma localidade da edición anterior, en Geraardsbergen, Bélxica. Esta foi a vixésimo novena proba do UCI WorldTour 2018.
O vencedor final foi o esloveno Matej Mohorič por diante do australiano Michael Matthews e o belga Tim Wellens.
Nas clasificacións secundarias, Zdeněk Štybar conseguiu o xersei vermello dos puntos, Elmar Reinders o negro da combatividade e o Quick-Step a clasificación por equipos.
Equipos
Nesta edición BinckBank Tour participaron 23 equipos: 18 do UCI WorldTour e 5 da categoría Profesional Continental.
UCI World Tour
Profesional Continental
Equipo |
Código |
País
|
Roompot-Nederlandse Loterij |
RNL |
Países Baixos
|
Sport Vlaanderen-Baloise |
SVB |
Bélxica
|
Veranda's Willems-Crelan |
VWC |
Bélxica
|
Wanty-Groupe Gobert |
WGG |
Bélxica
|
WB Aqua Protect Veranclassic |
WVA |
Bélxica
|
Etapas
Clasificación xeral
A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira:
Evolución das clasificacións
Nesta competición existen 4 clasificacións. A primeira e máis importante é a clasificación xeral, obtida pola suma dos tempos dun corredor de todas as etapas. Ademais repartíronse bonificacións de tempo. Nos finais de etapa aos tres primeiros clasificados con 10, 6 e 4 segundos respectivamente, e nos sprints intermedios de cada etapa do "quilómetro de ouro" con 3,2 e 1 segundos. O corredor con menos tempo acumulado ao final das 7 etapas é o vencedor desta clasificación e polo tanto, do xersei verde.
Existe tamén a clasificación dos puntos, que se reparten entre os 10 mellores clasificados de cada etapa e nos sprints intermedios. O corredor con máis puntos acumulados leva a vitoria nesta clasificación e o xersei vermello. A clasificación da combatividade funciona da mesma maneira que a dos puntos, pero tan só tendo en conta os puntos dos sprints intermedios. O gañador da combatividade é premiado co maillot negro. Por último, tamén se disputa a clasificación por equipos, que se obtén da suma dos tempos tres mellores ciclistas dun mesmo equipo en cada etapa. O equipo cun tempo sumado menor é o campión desta clasificación.
Notas
- ↑ "6ª BinckBank Tour: Mühlberger, tras un sinfín de ataques - Ciclo21". Ciclo21 (en castelán). 2018-08-18. Consultado o 2018-08-20.
- ↑ "7ª BinckBank Tour: Mohoric también resiste a Matthews - Ciclo21". Ciclo21 (en castelán). 2018-08-19. Consultado o 2018-08-20.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas