Bieito Dubidoso é unha novela fantástica de Roque Cameselle, publicada por Edicións Xerais en 2003. A obra está baseada nun guión cinematográfico do propio autor.
Trama
A narración comeza en Tui, en 1152. Bieito Dubidoso é un rapaz de 9 anos, fillo dun comerciante de xílgaros. Gústanlle os xogos de maxia.
Durante a preparación dun envío nun barco mercante, o pai de Bieito sofre o ataque dun grupo de viquingos, pero mediante un tradutor dille ao xefe que lle conseguirá o que queira se os deixa a salvo. O xefe, tomándoo a risa, pídelle a neve das súas terras, pero Bieito é quen de conseguilo mediante un truco. O grupo de viquingos marcha, deixando a unha rapaza de orixe franca que tiña raptada, e que desde entón se converterá na persoa máis querida para Bieito.
O bispo de Tui ten un conflito político co bispo de Compostela, Diego Xelmírez, co rei de Galiza Fernando II e co rei de Portugal Afonso Henriques. Pero ademais ten un coflito a nivel local coa familia de Bieito, polo que este se ve metido de cheo na política do momento.
Narración
A obra está narrada en terceira persoa.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas