Beverly Crawford

Modelo:BiografíaBeverly Crawford
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Gainesville, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, cantautora, compositora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoGospel Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Twitter: beverlycrawford Musicbrainz: 3cdbb66c-1937-41ee-829e-338ea7996f03 Songkick: 62669 Discogs: 1437393 Allmusic: mn0000062122 Genius: Beverly-crawford Editar o valor en Wikidata

Beverly Crawford, nada en Gainesville, Florida, o 31 de agosto de 1963, é unha cantante afroamericana estadounidense de gospel, mellor coñecida por cantar co grupo New Life Singers no programa Bobby Jones Gospel na cadea Black Entertainment Television (BET), e polas súas interpretacións de temas como "Praise Jehovah", "Run to the Water", "He's Done Enough" e "It's About Time For A Miracle".

Infancia e xuventude

Beverly Crawford é un dos sete fillos do bispo Bishop Walter Camps e a súa muller. Comezou a cantar á idade de tres anos e formou parte coas súas irmás do conxunto Camp Sisters.

Carreira musical

A finais da década de 1980, o seu marido, Todd Crawford, gravou un vídeo caseiro con ela e as súas irmás cantando e enviou copias a unhas cantas produtoras de gospel, respondendo unicamente Bobby Jones Gospel. Estando impresionado coas irmás, Bobby Jones invitounas a cantar no seu programa de entretemento e, despois dun par de visitas, invitou a Beverly a ingresar no seu grupo, New Life Singers.

Beverly permaneceu no programa durante seis anos, sendo a favorita do público cada semana. A cúa carreira en solitario deu comezo en 1995 coa gravación de "Jesus, Precious King" en Warner Alliance Records (un selo discográfico que xa non existe), ao que seguiu tres anos despois "Now That I'm Here", que incluíu o exitoso tema "Just As Soon (I'll Be Shouting)". Este álbum foi nomeado aos Grammy de 1999.

En 2001, Crawford gravou o álbum de estudio (excepto por un tema en directo) titulado "Beverly" en Dexterity Records (o selo discográfico do ministro o bispo T.D. Jakes) e en 2003 volveu ao directo gravado nunha igrexa con "Live Family and Friends", que incluíu os temas "Higher in the Lord" e "Hold On", nos que contou coa colaboración nas voces de Bobby Jones, Shirley Murdock, Melvin Williams (dos The Williams Brothers) e a súa filla Latrina Crawford.

En 2007 gravou o seu quinto traballo, "Live from Los Angeles", no selo de Os Ánxeles (California) JDI label, que contiña o éxito de número un "He's Done Enough". A canción estivo no top ten das listaxes durante máis dun ano.

En xaneiro de 2009, Crawford acadou o seu primeiro Stellar Gospel Music Award, co premio á "Vocalista Feminina Tradicional do Ano" pola súa álbum do 2007.

O 19 de setembro de 2009 gravou o seu segundo álbum con JDI, un directo gravado na igrexa de Faithful Central, nos Ánxeles. Foi titulado "Live from Los Angeles - Volume 2"[1] e contou con varias colaboracións, incluíndo a de Shirley Murdock. Foi editado o 14 de setembro de 2010 e contivo o sinxelo de éxito "It's About Time for a Miracle". En 2012 gañou o seu segundo Stellar Gospel Music Award como "Vocalista Feminina Tradicional do Ano" por este traballo.

En maio de 2014 editou un novo álbum, chamado "Thank You For All You've Done"[2], outra vez con JDI. Entrou co número un na listaxe de Gospel Music Billboard Charts, e contén o éxito "Sweeping Through The City".

Vida persoal

Está casada co pastor Todd Crawford, co que ten unha filla (Latrina) e un fillo (Todd Jr.). Os Crawford son co-pastores do Gainesville Family Worship Center, en Gainesville, pertencentes á Igrexa de Deus en Cristo, unha agrupación pentecostalista.

Discografía

Álbums

  • Jesus, Precious King - 1995
  • Now That I'm Here - 1998
  • Beverly - 2001
  • Live: Family and Friends - 2003
  • Live From Los Angeles - 2007
  • Live From Los Angeles, Vol. 2 - 2010
  • Choo Choo: Beverly's Testimony - 2010
  • Churchy Christmas/Joy To The World - 2012
  • Thank You For All You've Done - 2014

Notas

  1. Walker, Brandon (5-10-2010). "Grammy Winner Beverly Crawford Is Back! New CD "Live From Los Angeles - Vol. 2"". Blacknews.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22-12-2015. Consultado o 17-12-2015. 
  2. Yap, Timothy (2-7-2014). "Beverly Crawford Celebrates Her #1 Gospel Album "Thank You For All You've Done" in this Exclusive Interview". Hallels (en inglés). Consultado o 17-12-2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas