Betsi Cadwaladr, nada en Llanycil o 24 de maio de 1789 e finada en Londres o 17 de xullo de 1860, foi unha enfermeira galesa, tamén coñecida como Beti Cadwaladr[1] e como Betsi Davis.[2].
Traxectoria
Traballou como enfermeira na Guerra de Crimea xunto a Florence Nightingale, aínda que as súas diferenzas sociais foron obxecto de confrontación constante entre ambas[3] e a súa formación autodidacta foi moi importante no estabelecemento das bases da enfermaría moderna.[4]
Actualmente, o seu nome está asociado á Xunta de Saúde da Universidade Betsi Cadwaladr (en galés: Bwrdd Iechyd Prifysgol Betsi Cadwaladr), a maior organización asistencial en Gales. En 2016 foi nomeada unha das "50 maiores galeses de todos os tempos"[5], por diante doutros galeses como Tom Jones, o actor Anthony Hopkins, T.E. Lawrence e Ivor Novello.
Notas