Berta Isabel Cáceres Flores, nada o 4 de marzo de 1971,[1] 1972,[2] ou 1973,[3] e finada en La Esperanza o 3 de marzo de 2016, foi unha líder indíxena lenca, feminista[4] e activista ecoloxista hondureña.[3][5]
No 2015, obtivo o Premio Goldman, un galardón chamado o "Nobel Verde" que se concede anualmente na honra dos defensores da natureza e o ambiente. O ano seguinte foi asasinada no seu fogar.[6] Unha semana antes ofrecera unha rolda de prensa na que denunciou que catro dirixentes da súa comunidade foran asasinados e outros tantos recibiran ameazas.
En 2018 a xustiza de Honduras condenou sete dos oito acusados polo seu asasinato.[7] En 2021, o presidente da hidroléctrica DESA foi condenado como autor intelectual.[8]
Ese mesmo ano, Millán Picouto publicou A morte de Berta Cáceres, traxedia en cinco actos incluída na súa obra completa "O macrocosmos", Linteo. ISBN 978-84-123801-1-8.
Notas