Berserk: The Golden Age Arc

Berserk: Golden Age Arc I - The Egg of the King
Ficha técnica
Título orixinalベルセルク 黄金時代篇I 覇王の卵
DirectorToshiyuki Kubooka
GuiónIchirō Ōkouchi
Baseado enBerserk de Kentaro Miura
MúsicaShirō Sagisu
Susumu Hirasawa
EstudioStudio 4°C
Estrea4 de febreiro de 2012
Duración77 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Na rede
http://www.berserkfilm.com/

Berserk: Golden Age Arc II - The Battle for Doldrey
Ficha técnica
Título orixinalベルセルク 黄金時代篇II ドルドレイ攻略
DirectorToshiyuki Kubooka
GuiónIchirō Ōkouchi
Baseado enBerserk de Kentaro Miura
MúsicaShirō Sagisu
Susumu Hirasawa
EstudioStudio 4°C
Estrea23 de xuño de 2012
Duración98 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Na rede
http://www.berserkfilm.com/

Berserk: Golden Age Arc III - The Advent
Ficha técnica
Título orixinalベルセルク 黄金時代篇III 降臨
DirectorToshiyuki Kubooka
GuiónIchirō Ōkouchi
Baseado enBerserk de Kentaro Miura
MúsicaShirō Sagisu
Susumu Hirasawa
EstudioStudio 4°C
Estrea1 de febreiro de 2013
Duración113 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Na rede
http://www.berserkfilm.com/

Berserk: The Golden Age Arc (ベルセルク 黄金時代篇 Beruseruku Ōgon Jidai-hen?) é unha serie de filmes de animación baseados na serie de manga de Kentaro Miura Berserk, na trama chamada Golden Age Arc.[1] O proxecto foi anunciado como un novo anime en setembro de 2010.[2] Os dous primeiros filmes, Berserk: The Golden Age Arc I - The Egg of the King e Berserk: The Golden Age Arc II - The Battle for Doldrey, foron estreados no Xapón en febreiro e xuño de 2012, e o terceiro, Berserk: The Golden Age Arc III - The Advent, en febreiro de 2013. O terceiro filme marca o comezo de adaptación inédita do manga que non fora adaptada na serie de anime. Viz Media licenciou os tres filmes para a súa estrea en vídeo.[3]

Filmes

The Egg of the King

Berserk: Golden Age Arc I - The Egg of the King (ベルセルク 黄金時代篇I 覇王の卵 Beruseruku Ōgon Jidai-hen Wan Haō no Tamago) saíu no Xapón o 4 de febreiro de 2012.[4]

Guts é un mercenario que atrae a atención da Banda do Falcón e é forzado a unirse ó grupo logo de ser derrotado polo seu líder Griffith en dúas ocasións. Unha vez que a Banda do Falcón derrota ós Cabaleiros do Carneiro de Ferro de Chuder son recrutados polo reino de Midland para apoiar na guerra contra o reino rival. Durante un asedio, Guts e Griffith atópanse co Apóstolo Nosferatu Zodd o Inmortal, quen descobre que un Behelit pendura arredor do pescozo de Griffith e advírtelle a Guts que estar con Griffith será a súa perdición. Co tempo, Griffith é nomeado cabaleiro e o nobre Julius erra no seu asasinato, polo que Guts asasínao por orde de Griffith. En dito acto, Guts vese forzado a matar tamén a Adonis, un neno nobre, para non deixar testemuñas. Guts queda emocionalmente afectado e máis tarde escoita a Griffith falando coa princesa de Midland, Charlotte, acerca do seu concepto da amizade e do futuro.

The Battle for Doldrey

Berserk: Golden Age Arc II - The Battle for Doldrey (ベルセルク 黄金時代篇II ドルドレイ攻略 Beruseruku Ōgon Jidai-hen Tsū Dorudorei Koryaku) estreouse no Xapón o 23 de xuño de 2012.[5][6]

Por tres anos, Guts creu que a súa misión era acompañar a Griffith no seu soño. Pero despois de entender o punto de vista de Griffith, Guts decátase que precisa deixar a Banda do Falcón para tratar a Griffith como un igual e verdadeiramente chamarse o seu amigo. Ó mesmo tempo, sucede unha sanguenta batalla para capturar a fortaleza impenetrable de Doldrey do imperio de Chuder que contaba cunha tropa de máis de 30.000 soldados. Gañan a batalla e Guts deixa a Griffith tras un combate que gaña. Griffith déitase coa Princesa Charlotte, polo que é feito preso na Torre do Renacemento.

The Advent

Berserk: Golden Age Arc III - The Advent (ベルセルク 黄金時代篇III 降臨 Beruseruku Ōgon Jidai-hen Surī Kōrin[7]) estreouse no Xapón o 1 de febreiro de 2013.

Un ano despois de deixar a Banda do Falcón, Guts soubo que eles estaban fóra de Midland e perderon a súa forza, polo que regresa a axudar a ceibar a Griffith da Torre do Renacemento. Así, descobren que Griffith apenas está vivo xa que foi sometido a torturas durante todo aquel tempo. Cando Griffith intenta acabar coa súa vida, prodúcese unha eclipse solar, a cal leva ó mesmo líder, a Guts, Casca e o resto dos membros da Banda do Falcón a outra dimensión onde encontran ós seres malignos coñecidos como a Man de Deus. Din que a causalidade foi a que os trouxo a ese intre e Griffith debe decidir se sacrificar á Banda para ser o quinto membro da Man de Deus. Griffith acepta, sabendo que toda a Banda debe ser comida polos demos que acompañan a Man de Deus, os Apóstolos. Nesta batalla desesperada con fortes Apóstoles, Guts intenta rescatar a Griffith pero falla. Así, Griffith renace como Femto, o quinto membro da Man de Deus. Logo Femto viola a Casca diante de Guts e cando están a piques de perecer, Guts e Casca son salvados polo Cabaleiro da Caveira. Con este feito, Guts comeza a cazar Apóstolos sendo o seu obxectivo final vingarse de Griffith.

Notas

  1. Anime News Network, ed. (12 de xullo de 2011). "Berserk's Golden Age Arc to Be Made Into 3 Anime Films". Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  2. Anime News Network, ed. (27 de setembro de 2010). "New Berserk Anime Project Launching (Updated)". Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  3. Anime News Network, ed. (7 de abril de 2012). "Viz Media Licenses Berserk Film Trilogy". Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2013. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  6. Anime News Network, ed. (20 de febreiro de 2012). "Berserk's 2nd Film Slated for June 23". Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas