Bernaldo Souto Romero, nado en Ribadavia o 18 de xuño de 1913 e finado en Buenos Aires nos anos noventa, foi un escritor e político galego.
Traxectoria
Emigrou a Buenos Aires en 1928, e con 16 anos incorporouse á Sociedade Nazonalista Pondal. Colaborou na prensa galega da Arxentina. Integrouse na Irmandade Galega de Bos Aires. Formou parte da comisión de prensa de A Nosa Terra.[1] Traduciu o Martín Fierro de José Hernández ao galego,[2] que publicou en Edicións Anxel Casal. Nos anos oitenta colaborou en Pátria Galega.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas