Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Nosa Terra.
A Nosa Terra foi unha publicación editada en Buenos Aires de 1942 a 1972.
Historia e características
Subtitulado Periódico galego, apareceu o 28 de xuño de 1942, co número 425. Editado pola Irmandade Galega de Bos Aires. Publicación política nacionalista que retoma o título da publicación do Partido Galeguista, da que se considera continuadora. Tivo unha periodicidade irregular e informaba dos propositos e actividades dos grupos nacionalistas de Buenos Aires e América. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao actuou como director e editorialista ata o seu falecemento. Foron despois directores Bieito Cupeiro, Alfonso Fernández Prol e Manuel Pedreira. Entre os seus colaboradores figuraron Eduardo Blanco Amor, Xosé Núñez Búa, Antón Alonso Ríos, Avelino Díaz e José Rodríguez Vázquez. Cesou a súa publicación o 1 de decembro de 1972.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas