O berilo[1][2] (do grego Βήρυλλος beryllos, aludindo á cor azul verdosa da augamariña) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2(Si6O18) (contén un 15% de BeO, un 20% de Al2O3 e un 65% de SiO2).
Aspecto
O berilo preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares. Estes cristais hexagonais poden chegar a medir varios metros de lonxitude, mais os exemplares máis puros son os de tamaño máis reducido.
Variedades do berilo
Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:
Case tódalas variedades de berilo son consideradas pedras preciosas.
Lugares onde se atopa
É frecuente atopar berilos nas rochas de orixe pegmatítico e en filóns hidrotermais de calcita (como as esmeraldas de Colombia).
Os xacementos máis importantes do mundo son os de Austria, Alemaña e Irlanda (en Europa) e Madagascar (en África, cos seus famosos depósitos de morganita). Podemos atopar berilo, aínda que de moita menor calidade, no Monte Pedroso (Santiago de Compostela) e en Monterrei (Ourense).
Usos do berilo
O berilo utilízase para extraer berilio.
As variedades esmeralda e augamariña son as máis utilizadas como pedras preciosas.
Outros silicatos
Outros silicatos importantes son o cuarzo, o feldespato, a mica e a olivina, entre outros.
Notas