Benito Vázquez Vázquez é un garda civil e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Garda Civil de tráfico. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG en Lobios e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía nas municipais de 1999 e 2003, novamente con maioría absoluta. Foi deputado provincial de 1995 a 2003. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta, polo que a alcaldía pasou ao PSdeG, logo de diversas polémicas no último mandato como a negativa a darlle información aos concelleiros da oposición[1] ou o endebedamento do concello[2].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos