Rematada a súa formación conseguiu praza de profesor de debuxo, elixiu Galicia e incorporouse ao Instituto de Tui en 1933. Alí desenvolveu os novos sistemas pedagóxicos impulsados pola República e a súa inquedanza didáctica experimental. Deu clases nocturnas e gratuítas aos obreiros. Fundou a revista cultural Tude, órgano difusor de arte, literatura e pensamento do colectivo estudantil. Realizou monumentos en granito a Sócrates e a Valle Inclán. Por este labor foi nomeado director honorario do Instituto e recibiu varias homenaxes.
Etapas artísticas
Guerra Civil
Ao remate do curso 1935-1936 producese o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Benito foi detido na súa casa de Ribadeo, acusado de simpatizar e axudar a obreiros e anarquistas. Foi encarcerado na prisión de Tui. Salvou da morte e pintou na cadea 24 retratos dos seus compañeiros de infortunio. Ao saír do cárcere, foi chamado a filas e incorporouse ao batallón Zaragoza 530, pero foi conducido ao Mosteiro de Guadalupe, onde foi acollido e protexido polos frades capuchinos. Alí retratou a militares e relixiosos, deixando varias obras no claustro do mosteiro.
El Padul
Ao rematar a guerra saíu de Guadalupe e casou cunha farmacéutica e mestra granadina que exercía en Galicia. Trasladáronse a El Padul, preto de Granada, onde Prieto realizou a parte máis significativa e emblemática da súa obra, como as versións de Cristo en la Cruz. É unha etapa de introspección só rota por esporádicos viaxes a Madrid, onde era reclamado como retratista e, excepcionalmente, unha longa viaxe e estadía en Turquía entre 1955 e 1956, onde pintou entre outras obras "Las ruinas de Éfeso". En Granada fixo amizade con Antonio Gallego Burín, García Velez, Gabriel Morcillo e Elena Martín Vivaldi, dos que fixo retratos.
Dentro do seu inconformismo a súa obra váise facendo cada vez máis esixente. Especula e destrúe gran parte da súa produción, e acomete proxectos cargados de crítica e de mensaxes dirixidos ao home e a sociedade, como os cadros Quién me librará de este cuerpo de muerte e El peregrino de la Paz.
Obra
A súa obra, ligada a unha persoal comprensión do realismo, desenvolveuse entre Galicia e Granada. A súa carreira medrou arredor da docencia e da práctica pictórica.
A súa obra máis salientable, Cristo en la Cruz, é recoñecida como unha senlleira e revolucionaria achega á tradicional iconografía do Cristo crucificado.
Outras obras inclúen A última cea de Xesús[1] ou O Altruán.[2]
Sociedad Cultural Benito Prieto
Logo da morte do pintor constituíuse a Sociedad Cultural Benito Prieto, promovida polos herdeiros do artista, a súa viúva, Amparo Serrano Sánchez e o seu discípulo e biógrafo Luis Ruiz Rodríguez e co apoio dos concellos de Ribadeo, El Padul e Granada e a Universidade de Granada; co obxectivo de salvagardar o seu legado e difundir a súa memoria.