Benito García Dorgambide, nado en Baión (Vilanova de Arousa) o 28 de maio de 1926 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1991,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola USC. Exerceu como avogado en Vilagarcía de Arousa. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Popular en Galicia en 1971, do que foi secretario provincial de Pontevedra. Foi elixido parlamentario pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE.[2]
Vida persoal
Casou con María Dolores Giménez Pérez Galdós e foi pai da tamén política Dolores García Giménez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía