Benito Domínguez González, coñecido como Peito de lobo, nado na Illa (Entrimo) o 27 de marzo de 1920 e finado en Buenos Aires en 1983, foi un político galego.
Traxectoria
Os seus pais tiñan unha tenda na Illa. Con 16 anos escapou da casa para ir combater coas forzas leais. Pasou a fronteira portuguesa e foi detido. Liberado ao pouco tempo pasou a fronteira española por Cáceres. Incorporouse ás Milicias Populares Galegas. Afiliouse ao PCE. Coa derrota da República pasou a Francia. Foi internado no campo de concentración de Saint Laurent de Cerdans. Logrou embarcar no Winnipeg rumbo aChile.[1] Ao cabo dun ano pasou ilegalmente á Arxentina polos Andes. Traballou de camareiro, integrándose no Sindicato de Gastronómicos, do que foi secretario xeral. Despois traballou de martillero e logo puxo unha empresa de metalurxia en Avellaneda. Comprou Cerámicas Magdalena, a empresa fundada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo. Foi directivo da Unión Orensana e secretario xeral da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. Participou no Congreso Mundial da Confederación de Sociedades Gallegas que tivo lugar en Vigo en 1977.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas