Bend It Like Beckham é un filme dirixido por Gurinder Chadha que se estreou no 2002. Está protagonizado por Parminder Nagra, Keira Knightley, Jonathan Rhys Meyers, Anupam Kher, Shaznay Lewis e Archie Panjabi. O título do filme fai referencia ó xogador de fútbol David Beckham e á súa habilidade de marcar nos tiros de falta "dobrando" o balón sobre a barreira de defensa.
O filme conta a historia dunha moza de dezaoito anos de orixe panxabí en Londres. É unha apaixonada do fútbol pero os seus pais prohíbenlle xogar porque é unha rapaza.
Sinopse
Os pais de Jess (Parminder Nagra) queren que sexa unha convencional rapaza india, pero ela só desexa xogar ó fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules (Keira Knightley), unha rapaza da súa idade, convídaa a unirse ó equipo feminino local. Os seus pais non entenden porqué xoga ó fútbol no canto de estudar Dereito. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo rapaz, o seu adestrador Joe (Jonathan Rhys Meyers).
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 2002: Nomeadao ós Premios BAFTA: Mellor filme británico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas