Belén Esteban Menéndez, nada en Madrid o 9 de novembro de 1973, é unha colaboradora de varios programas de televisión e un personaxe dos medios de España.
O seu salto aos medios de comunicación produciuse trala ruptura da súa relación sentimental co toureiro Jesulín de Ubrique, do que ten unha filla, Andrea. As disputas públicas co toureiro e a súa familia a mantiveron constantentemente no candeeiro: exclusivas en revistas do corazón e programas de televisión, romances con sona nos medios e portadas en revistas fundamentaron dende entón a súa presenza nos medios de comunicación.
Traxectoria
Belén Esteban Menéndez naceu o 9 de novembro de 1973 en Madrid. Filla de Francisco Esteban (falecido en 2006 vítima dun cancro) e de María del Carmen Menéndez. Agora converteuse nun dos personaxes máis populares da prensa do corazón española.
O 27 de xullo de 2008 casou con Francisco Álvarez Gómez, un amigo de toda a vida. En setembro do 2009, o Defensor do menor da Comunidade de Madrid remitiu un escrito á Fiscalía de menores solicitando unha actuación de oficio na defensa da protección da súa filla, dando a entender que a exhibición continuada da vida privada e das circunstancias da menor por parte da súa nai, feito que vén ocorrendo dende que se separou do seu exmarido, vulneran o seu dereito á intimidade e á propia imaxe.
Filmografía
Televisión
- Sabor a ti (Antena 3, 1999-2004);
- Día a Día (magacín matinal en Telecinco, 2004);
- El programa de Ana Rosa (Telecinco, 2005-2009);
- Sálvame (magacín diario en Telecinco, 2009-actualidade, como copresentadora);
- La noria (Telecinco, 2009-2011);
- Sálvame Deluxe (Telecinco, 2009-actualidade);
- Campanadas de Nochevieja 2009-2010 xunto con Jorge Javier Vázquez en Telecinco.
- ¡Más qué baile! (Telecinco, 2010, como concursante - Gañadora);
- Aída (Telecinco, 2011, como ela mesma, 1 episodio).
- Gran Hermano VIP (Telecinco, 2015, como concursante - Gañadora);
Cine
Véxase tamén
Ligazóns externas