El programa de Ana Rosa é un programa de televisión matinal, producido por Cuarzo Producciones para a cadea españolaTelecinco. Foi estreado o 10 de xaneiro de 2005 con bos rexistros de audiencia. Actualmente emítese de luns a venres despois do matinal de Informativos Telecinco desde as 09:00 ata as 12:40 horas.
O programa está presentado por Ana Rosa Quintana, coa colaboración principal de Màxim Huerta e Joaquín Prat. Óscar Martínez foi co-presentador do programa desde 2005, etapa que chegou ás mans de Telecinco pero no ano 2009 abandono o seu cargo para emprender novos proxectos e sería substituído por Joaquín Prat.
Formato
El programa de AR é un magacín que aborda a actualidade desde diferentes perspectivas: entrevistas a personalidades, reportaxes de investigación, seccións temáticas e faladoiros e mesas de debate (política, actualidade, sociedade etc.).
Predominan no programa os temas de calado social (a violencia nas aulas, a anorexia, as drogas etc.) e a crónica de sucesos. Tamén ten unha presenza destacada a actualidade da prensa rosa, e realízase un seguimento especial dos concursos de telerrealidade que emite a cadea.