Bell AH-1 Cobra

Bell AH-1 Cobra
Tipohelicóptero de ataque
FabricanteBell Helicopter
Primeiro voo7 de setembro de 1965
Introducido1967
Produción1967-presente
Unidades construídas1 116

O Bell AH-1 Cobra é un helicóptero de ataque dun único motor e dúas palas fabricado por Bell Helicopter. Foi desenvolvido usando o motor, a transmisión e o sistema do rotor do Bell UH-1 Iroquois. Membro da prolífica familia Huey, o AH-1 tamén é coñecido como o HueyCobra ou Snake.

O AH-1 foi a columna vertebral da frota de helicópteros de ataque do Exército dos Estados Unidos, aínda que foi substituído polo AH-64 Apache. Versións actualizadas continúan voando nos exércitos doutras nacións. As versións de dous motores do AH-1 aínda están en servizo no Corpo de Marines estadounidense (USMC) como principal helicóptero de ataque. Helicópteros AH-1 excedentes foron convertidos para loitar contra incendios forestais.

Desenvolvemento

Antecedentes

Moi relacionada co desenvolvemento do Bell AH-1 é a historia do Bell UH-1 Iroquois, icona da guerra de Vietnam e un dos modelos de helicóptero máis fabricado. O UH-1 fixo práctica a teoría da cabalaría aérea, xa que as novas tácticas pedían que as forzas estadounidenses fosen altamente móbiles nunha grande área. A diferenza de antes, non poderían quedar e loitar longas batallas ou manter as súas posicións. En cambio, o plan era que as tropas transportadas por frotas de UH-1 "Hueys" chegarían a todo o país, para loitar contra o inimigo no momento e no lugar da súa propia elección.[1]

Pronto quedou claro que os helicópteros de tropas desarmadas eran vulnerables contra os disparos do Vietcong e das tropas norvietnamitas, particularmente cando baixaban para deixar ás súas tropas nunha zona de aterraxe. Sen apoio amigo de artillaría ou forzas terrestres, a única forma de pacificar unha zona de aterraxe era dende o aire, preferiblemente cunha aeronave que puidese escoltar de preto aos helicópteros de transporte, e avanzar sobre a zona de aterraxe a medida que a batalla avanzase. En 1962 usouse un pequeno número de UH-1A armados con múltiples metralladoras e lanzadores de foguetes como escoltas.[2]

A expansión masiva da presenza militar estadounidense en Vietnam abriu unha nova era na guerra dende o aire. O eixo das tácticas do Exército estadounidense foron os helicópteros, e a protección deses helicópteros converteuse nun papel vital.[3]

Iroquois Warrior, Sioux Scout e AAFSS

Bell estivera investigando helicópteros de combate dende finais dos anos 50 e creara unha maqueta do seu concepto D-255, chamado "Iroquois Warrior". En xuño de 1962 Bell amosou a maqueta a oficiais do Exército agardando conseguir financiamente para seguir desenvolvéndoo. O Iroquois Warrior foi planeado para ser un helicóptero de ataque baseado en compoñentes do UH-1B cunha nova e esvelta célula e unha cabina de mando en tándem de dous asentos. Contaba cun lanzador de granadas nunha torreta esférica no nariz, un canón de 20 mm na barriga e ás para foguetes ou mísiles anti-carro SS.10.[4]

O Exército estaba interesado e premiou a Bell cun contrato para afondar no concepto en decembro de 1962. Bell modificou un Model 47 no Model 207 Sioux Scout que voou por primeira vez en xullo de 1963. O Sioux Scout tiña todas as características clave para un helicóptero de ataque moderno: unha cabina de mando en tándem, ás para armas e unha torreta montada na fronte. Tras avaliar o Sioux Scout a principios de 1964 o Exército quedou impresionado, pero tamén sentiu que o Sioux Scout tiña pouco tamaño, pouca potencia e, polo xeral, non era axeitado para o seu uso práctico.[5]

A solución da Armada ás deficiencias do Sioux Scout foi lanzar a competición Sistema Avanzado de Soporte de Fogo Aéreo (AAFSS).[5] O requisito do AAFSS deu nacemento ao Lockheed AH-56 Cheyenne, un helicóptero de ataque pesado capaz de alcanzar altas velocidades. P proxecto demostrou ser demasiado sofisticado e foi cancelado en 1972, despoois de 10 anos de desenvolvemento. O Exército buscou unha maior supervivencia nun helicóptero de ataque convencional.[5]

Model 209

Ao mesmo tempo, a pesar da preferencia do Exército polo AAFSS, no cal Bell Helicopter non foi seleccionada para competir, Bell quedou coa súa propia idea dun helicóptero de ataque máis pequeno e lixeiro.[5] En xaneiro de 1965 Bell investíu 1 millón de dólares en continuar cun novo deseño. Acoplando a transmisión probada, o sistema rotor "540" do UH-1C equipado cun Sistema de Aumento do Control de Estabilidade (SCAS), é o motor turboeixo T53 do UH-1 coa filosofía de deseño do Sioux Scout, Bell fabricou o Model 209.[5] O Model 209 de Bell semallábase moito á maqueta do "Iroquois Warrior".[6]

En Vietnam os eventos tamén avanzaban a favor do Model 209. Os ataques ás forzas estadounidenses estaban aumentando e cara finais de xuño de 1965 xa había 50 000 tropas terrestres en Vietnam. 1965 tamén era a data límite para a selección do AAFSS, pero o programa atascaríase en dificultades técnicas e discusións políticas. O Exército necesitaba un helicóptero de ataque provisional para Vietnam e pediulle a cinco compañías que lle proporcionasen unha rápida solución. Recibíronse propostas en versións armadas dos Boeing-Vertol ACH-47A, Kaman HH-2C Tomahawk, Piasecki 16H Pathfinder, Sikorsky S-61 e Bell 209.[5]

O 3 de setembro de 1965 Bell presentou o prototipo do seu Model 209, e catro días despois realizou o seu primeiro voo, só oito meses despois do visto e prace. En abril de 1966 o modelo gañou unha avaliación contra os seus rivais. O Exército asinou entón o primeiro contrato de produción para 110 aeronaves.[5] Bell engadiu "Cobra" ao alcume Huey do UH-1 para producir o nome HueyCobra para o 209. O Exército aplicou o nome Cobra á súa designación AH-1G.[7]

O demostrador Bell 209 usouse nos seguintes seis anos para probar armas e axustar o equipamento. Foi modificado para que coincidise co stándar de produción do AH-1 a principios dos 70. O demostrador foi retirado ao Patton Museum en Fort Knox, Kentucky, e convertido a aproximadamente o seu aspecto orixinal.[6]

Produción

O deseño Bell 209 foi modificado para a súa fabricación. Os patíns retráctiles foron substituídos por uns fixos máis sinxelos. Tamén contaba cunha nova pala ancha no rotor. Para a produción, un parabrisas de plexiglás substituíu o parabrisas de vidro blindado do 209 que era demasiado pesado e afectaba ao rendemento.[6] Outros cambios incorporáronse despois da entrada en servizo. O principal destes foi mover o rotor de cola do lado esquerdo ao dereito para mellorar a súa efectividade.[8]

O Corpo de Marines estaba interesado no Cobra e pediu unha versión mellorada de dous motores en 1968 coa designación AH-1J. Isto conduciría a máis variantes de dous motores.[9] En 1972 o Exército buscou unha mellor capacidade antiblindaxe. Baixo o Programa de Armamento Cobra Mellorado (ICAP), realizáronse probas con oito AH-1 equipados con mísiles TOW en outubro de 1973. Despois de pasar as probas de cualificación no ano seguinte, Bell foi contratada para actualizar 101 AH-1G á configuración AH-1Q con capacidade para od TOW.[10] Despois das probas operacionais do AH-1Q a partir de 1976 ungadíuse o motor máis potente T53 e unha nova transmisión, dando lugar á versión AH-1S. O AH-1S foi actualizado en tres pasos, culminando no AH-1F.[5][11]

Notas

  1. Wheeler 1987, pp. 62-64
  2. Wheeler 1987, pp. 57-62, 64-65
  3. Wheeler 1987, pp. 60-61
  4. Verier 1990, pp. 12-17
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Donald e March 2004
  6. 6,0 6,1 6,2 Bishop 2006
  7. Verier 1990, pp. 30-31
  8. Verier 1990, p. 44
  9. Verier 1990, pp. 86-88
  10. "Chapter XI: Research, Development, and Acquisition - DAHSUM FY 1974". history.army.mil. Consultado o 2018-11-23. 
  11. Verier 1990, pp. 57, 59-61

Bibliografía

  • Bishop, Chris. Huey Cobra Gunships. Oxford, UK: Osprey Publishing Limited, 2006. ISBN 1-84176-984-3.
  • Donald, David e March, Daniel (eds). Modern Battlefield Warplanes. AIRtime Publishing Inc, 2004. ISBN 1-880588-76-5.
  • Verier, Mike. Bell AH-1 Cobra. Osprey Publishing, 1990. ISBN 0-85045-934-6.
  • Wheeler, Howard A. Attack Helicopters, A History of Rotary-Wing Combat Aircraft. The Nautical and Aviation Publishing Company, 1987. ISBN 0-933852-52-5.

Read other articles:

Військові нагороди України — нагороди Начальника Генерального штабу Збройних Сил України та нагороди Міністерства оборони України. Зміст 1 Відзнаки Міністерства оборони України 2 Відзнаки Начальника Генерального Штабу 3 Почесні нагрудні знаки командувачів видів ЗС...

la liste des châteaux des Vosges recense de manière non exhaustive les châteaux (de défense ou d'agrément), maisons fortes, mottes castales, situés dans le département français des Vosges. Il est fait état des inscriptions et classements au titre des monuments historiques. Liste Légende (Type) Icône Signification Abréviations Château fort = Bastide = Ferme fortifiée = Maison forte = (Néo-)Palladianisme Renaissance = Château gascon = Folie (montpelliéraine) = Manoir, Gentilhommi

OfficePoster filmNama lainTradisional華麗上班族Sederhana华丽上班族MandarinHuá Lì Shàng Bān ZúKantonWaa4 Lai6 Seong2 Baan1 Zeok6 Sutradara Johnnie To Produser Johnnie To Sylvia Chang Ditulis oleh Sylvia Chang SkenarioSylvia ChangBerdasarkanDesign for Livingoleh Sylvia ChangPemeranChow Yun-fatSylvia ChangEason ChanTang WeiPenata musikLo TayuKeith Chan Fai-youngSinematograferCheng Siu-KeungPenyuntingDavid RichardsonPerusahaanproduksiEdko FilmsBeijing Hairun PicturesZhe...

  لمعانٍ أخرى، طالع نمر (توضيح). نمر نمار  - قرية -  تقسيم إداري البلد إيران  [1] الدولة  إيران المحافظة مازندران المقاطعة مقاطعة آمل الناحية لاريجان القسم الريفي قسم لاریجان السفلی الريفي إحداثيات 36°05′56″N 52°04′53″E / 36.09889°N 52.08139°E / 36.09889; 52.0...

Sekolah Tinggi Agama Buddha Negeri Raden WijayaKetuaProf. Dr. Hesti Sadtyadi, S.E., M.Si.LokasiWonogiri, Jawa Tengah, IndonesiaAlamatJl. Kantil Bulusulur Wonogiri 57651, Bulusari, Bulusulur, Wonogiri, Wonogiri, Jawa TengahAfiliasiKementerian Agama Republik IndonesiaSitus webradenwijaya.ac.id Sekolah Tinggi Agama Buddha Negeri Raden Wijaya (STABN Raden Wijaya) adalah salah satu perguruan tinggi negeri yang berada di Wonogiri, Jawa Tengah. STABN Raden Wijaya merupakan perguruan tinggi di lingku...

Nicolas Penneteau Informasi pribadiNama lengkap Nicolas PenneteauTanggal lahir 20 Februari 1981 (umur 42)Tempat lahir Marseille, PrancisTinggi 1,85 m (6 ft 1 in)Posisi bermain Penjaga gawangInformasi klubKlub saat ini Valenciennes FCNomor 1Karier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)1998–2006 SC Bastia 180 (0)2006– Valenciennes FC 163 (0)Tim nasional2001–2002 Prancis U-20 11 (0)2002–2003 Prancis U-21 12 (0)2009– Korsika 4 (0) * Penampilan dan gol di klub senior hanya dih...

Ini adalah nama Korea; marganya adalah Choi. Choi Won-youngLahirChoi Seong-wook10 Januari 1976 (umur 47)Korea SelatanPendidikanUniversitas Sangmyung – Stage Design Universitas Hongik – Master's degree in Advertising and Public RelationsPekerjaanAktorTahun aktif2002-sekarangAgenSaram EntertainmentSuami/istriShim Yi-young (m. 2014) Nama KoreaHangul최원영 Alih AksaraChoe Won-yeongMcCune–ReischauerCh'oe WŏnyŏngNama lahirHangul최성욱 Alih AksaraChoe Seong-ukMcCune–Reischa...

This article relies excessively on references to primary sources. Please improve this article by adding secondary or tertiary sources. Find sources: Microsoft Script Editor – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2009) (Learn how and when to remove this template message) The Microsoft Script Editor (MSE or MSE.EXE or mse7.exe in Office 2003) is an optional tool included in Microsoft Office 2000[1] through Office 2007[2] ...

Pirámide del Louvre Pyramide du Louvre La pirámide del Louvre en el cour Napoléon.LocalizaciónPaís FranciaLocalidad Cour NapoléonUbicación ParísCoordenadas 48°51′40″N 2°20′09″E / 48.861, 2.3358611111111Información generalEstilo NeoegipcioParte de Palacio del LouvreInicio 1985Finalización 1989Inauguración 1988Propietario Museo del LouvreAltura 21.64 mDetalles técnicosMaterial vidrioDiseño y construcciónArquitecto Ieoh Ming PeiIngeniero estructural Roger ...

Filipino mutineers (c. 2003–2008) This article is about the Oakwood mutineers. For other uses, see Magdalo. Magdalo GroupFlag used by the GroupAlso known asBagong Katipuneros(lit. New Katipuneros)LeaderAntonio Trillanes IVDates of operationc. 2003 (2003)–2008 (2008)CountryPhilippinesMotivesOverthrow of then President Gloria Macapagal ArroyoIdeologyConservatism Filipino nationalism Anti-communismPolitical positionRight-wing to far-rightNotable attacksOakwood mutiny (2003)Man...

KeprabonKelurahanKantor Kelurahan Keprabon setelah renovasi 2012Peta lokasi Kelurahan KeprabonNegara IndonesiaProvinsiJawa TengahKotaSurakartaKecamatanBanjarsariKodepos57131Kode Kemendagri33.72.05.1006 Kode BPS3372050003 Jumlah penduduk3.122 jiwa (2020) Keprabon (Jawa: ꦏꦼꦥꦿꦧꦺꦴꦤ꧀, translit. Keprabon) merupakan sebuah kelurahan di kecamatan Banjarsari, Surakarta. Kelurahan ini memiliki kode pos 57131. Pada tahun 2020, kelurahan ini berpenduduk sebesar 3.122 jiwa....

Metro station in Foshan, China Meidi Dadao美的大道Platform 1 (originating platform)Chinese nameSimplified Chinese美的大道站Traditional Chinese美的大道站TranscriptionsStandard MandarinHanyu PinyinMěidì Dàdào ZhànYue: CantoneseJyutpingmei5dik1 daai6dou6 zaam6 General informationLocationIntersection of Yifeng Road (益丰路) and Midea Avenue (美的大道), Beijiao Subdistrict, Shunde District, Foshan, GuangdongChinaCoordinates22°56′51″N 113°12′09″E / &...

2021 soundtrack album by A. R. RahmanAtrangi ReSoundtrack album by A. R. RahmanReleased6 December 2021Recorded2019–2021Studio Panchathan Record Inn and AM Studios, Chennai A. R. Studios, Mumbai KM Music Conservatory, Chennai Yash Raj Studios, Mumbai GenreFeature film soundtrackLength28:41LanguageHindiLabelT-SeriesProducerA. R. RahmanA. R. Rahman chronology Mimi(2021) Atrangi Re(2021) Heropanti 2(2022) External audio Audio Jukebox on YouTube Singles from Atrangi Re Chaka ChakReleased...

This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Società Filarmonica Maria Mater Gratiæ – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2019) (Learn how and when to remove this template message) The Emblem of Società Filarmonica Maria Mater Gratiæ The Società Filarmonica Maria Mater Gratiæ is a band club in Żabbar, M...

Battle in the 2022 Russian invasion of Ukraine This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (November 2023) Battle of SviatohirskPart of the eastern Ukraine offensive's battle of Donbas in the 2022 Russian invasion of UkraineRussian weaponry destroyed following the Ukrainian recapture of SviatohirskDate30 May – 8 June 2022 (1 week and 2&#...

Not to be confused with Phyllis Trible. Phyllis TickleBornPhyllis Natalie Alexander(1934-03-12)March 12, 1934Johnson City, Tennessee, U.S.DiedSeptember 22, 2015(2015-09-22) (aged 81)Millington, Tennessee, U.S.Occupation(s)Author, lecturerYears active1972–2015Spouse(s) Samuel Tickle, Sr. ​(m. 1955)​ChildrenSeven Phyllis Natalie Tickle (née Alexander; March 12, 1934 – September 22, 2015) was an American author and lecturer whose work focuses on spirit...

2008 Indian sitcom series Taarak Mehta Ka Ooltah ChashmahAlso known asTMKOCGenreSitcomCreated byAsit Kumarr ModiBased onDuniya Ne Undha Chashmahby Tarak MehtaDirected by Dharmessh Mehta Abhishek Sharma Dheeraj Palshetkar Harshad Joshi Malav Suresh Rajda StarringSee CastNarrated byShailesh Lodha (2008–2022) Sachin Shroff (2022–present)Opening themeTaarak Mehta Ka Ooltah ChashmahEnding themeNarration by Shailesh Lodha (2008–2022) Sachin Shroff (2022–present)ComposerSunil PatniCountry of...

Vanity record label of Led Zeppelin This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Swan Song Records – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2013) (Learn how and when to remove this template message) Swan Song RecordsParent companyWarner Music GroupFounded1974 (1974)FounderLed ZeppelinDefunc...

Metro station in Shenzhen, Guangdong, China Xiangxicun向西村General informationLocationLuohu District, Shenzhen, GuangdongChinaOperated bySZMC (Shenzhen Metro Group)Line(s)     Line 9Platforms2HistoryOpened28 October 2016Services Preceding station Shenzhen Metro Following station Renmin Southtowards Qianwan Line 9 WenjinTerminus Concourse Xiangxicun station (Chinese: 向西村站; pinyin: Xiàngxī Cūn Zhàn) is a Metro station of Shenzhen Metro Line 9. It...

for the 1630s pioneer of the printing press in the New World see Jose Glover. Joseph GloverGlover at the Emerson Alumni Hall in September 2008Provost of the University of FloridaIn officeJuly 1, 2008 – July 1,2023PresidentBernie MachenPreceded byJanie FoukeDean of the University of Florida College of Liberal Arts and SciencesActingIn officeJanuary 1, 2007 – July 1, 2008Preceded byNeil SullivanSucceeded byPaul D'Anieri Personal detailsAlma materCornell UniversityUniversit...