Beatriz Pelaz García, nada en Valladolid en 1982,[1] é unha química e investigadora española da Universidade de Santiago de Compostela.[2]
Traxectoria
Licenciouse en Química pola Universidade de Valladolid (2005) e en Bioquímica pola Universidade de Zaragoza (2011). En marzo do 2012, obtivo o seu título de doutoramento con mención Europea pola Universidade de Zaragoza, coa tese Tailoring the synthesis and the functionalization of nanoparticles for nanomedicine, dirixida por Pablo Alfonso del Pino González de la Higuera e mais Jesús Martínez de la Fuente.
Traballou como investigadora na Philipps-Universität Marburg, en Alemaña. Desde xaneiro de 2017 colidera o grupo BionanoTools no CiQUS. En 2020, o Consello Europeo de Investigación concedeulle unha Starting Grant. A súa investigación céntrase no desenvolvemento de materiais intelixentes controlables remotamente, e o estudo da súa interacción con entidades biolóxicas.
Distincións
Notas