A baía de Toquio (東京湾, Tōkyō-wan?) áchase ao sur da rexión de Kanto, entre a península de Boso ao leste, da Prefectura de Chiba, e a península de Miura ao oeste, da Prefectura de Kanagawa. O seu nome antigo é a baía de Edo.
A súa área total, incluíndo o canal de Uraga, é de 1320 kms², cunha extensión de 249 km² de terras gañadas ao mar. Alberga os portos de Toquio, Chiba, Kawasaki, Yokohama e Yokosuka. Abriga unha única illa natural no seu interior, Saru, alén de diversas outras illas artificiais creadas nas Eras Meiji e Taisho como fortificación navais. Está cercada por áreas de grande ocupación de poboación e de importantes industrias. Unha ponte-túnel une Kawasaki, na prefectura de Kanagawa, con Kisarazu (Chiba).
Na costa leste da baía, entre Toquio e Yokohama, atópase a área industrial de Keihin, que se encontra alí dende a Era Meiji, que se expandiu cara a área industria de Keiyo, polas costas norte e leste, despois da segunda guerra mundial.
Os portos de Toquio, Chiba, Kawasaki, Yokohama e Yokosuka conteñen bases navais de forzas dos Estados Unidos no Xapón, ademais de Forzas da Mariña xaponesa.
Historia
A baía de Toquio foi escenario das negociacións do Comodoro Matthew Perry co bakufu xaponés na década de 1850, así como da maior parte dos contactos entre o Xapón e os europeos en vésperas da Restauración Meiji.
A fin da segunda guerra mundial é a rendición do Xapón, que se asinou a bordo do navío USS Missouri, ancorado na baía o 2 de setembro de 1945.