Batna (en lingua árabe باتنة, en lingua bérber, Tbathent) é unha cidade alxeriana, municipio e capital da provincia de Batna. Ten unha poboación de 285 800 (2004) e é a quinta cidade máis grande de Alxeria. É tamén a principal cidade da área do Chaoui e está considerada a capital dos Aures.
Historia
Naceu como campamento militar francés en 1844, como porta segura de acceso ao Sáhara.