Batman: A máscara do Fantasma (en inglés: Batman: Mask of the Phantasm ou tamén Batman: The Animated Movie) é un filme estadounidense de 1993 dirixido por Eric Radomski e Bruce Timm. É un filme de animación sobre o superheroe de DC Comics Batman, e é unha continuación cinematográfica de Batman: The Animated Series. Tamén é a primeira produción cinematográfica producida por Warner Bros. Animation.
Escrito por Alan Burnett, Paul Dini, Martin Pasko e Michael Reaves, na versión orixinal conta coas voces orixinais de Kevin Conroy, Mark Hamill e Efrem Zimbalist, Jr. (todos eles xa participaran en The Animated Series), ademais das de Dana Delany, Hart Bochner, Stacy Keach e Abe Vigoda. Na historia, Batman tenta reconciliarse coa súa antiga amada, Andrea Beaumont, e enfróntase a un vixilante misterioso que está a asasinar ós xefes do crime da cidade de Gotham. O arguemnto está inspirado na banda deseñada Batman: Year Two de Mike W. Barr, pero conta cun antagonista orixinal, o Fantasma, no canto de The Reaper.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas