A batalla de Vitoria foi librada o 21 de xuño de 1813, entre as tropas francesas, dirixidas polo mariscal Jean-Baptiste Jourdan, que escoltaban a Xosé Bonaparte na súa fuxida de España e un conglomerado de tropas británicas, españolas e portuguesas o mando de Arthur Wellesley, duque de Wellington. A vitoria aliada sancionou a retirada definitiva das tropas francesas de España (con excepción de Cataluña), forzando a Napoleón a devolver a coroa do país a Fernando VII, mediante o tratado de Valençay finalizando así a guerra da Independencia española.
Trala contenda as forzas francesas en retirada deixaron sobre o campo de batalla numerosas pezas de arte e riquezas, esquilmadas dende 1808 ao longo da xeografía Ibérica, cuantioso patrimonio histórico artístico perdeuse a mercede dos saqueadores que aproveitaron a situación despois da batalla.