A batalla de Poitiers tivo lugar no 10 de outubro de 732 entre as forzas lideradas polo francoCarlos Martel e un exército musulmán dirixido polas ordes do valí (gobernador) de Al-AndalusAbad ar-Rahman ibn Abd Allah al-Gafiqi, preto da cidade de Tours, na actual Francia. Durante a batalla, os francos (cristiáns) derrotaron o exército musulmán e al-Gafiqi resultou morto.[1] Esta batalla freou a expansión musulmá cara ao norte dende a península Ibérica e é considerada por moitos historiadores coma un acontecimiento de grande importancia histórica, ao impedir a invasión de Europa por parte dos musulmáns e preservar o cristianismo como a fe dominante durante un período en que o islam estaba sometendo gran parte dos territorios do Imperio Romano do Oriente e acabara por conquistar o Imperio persa sasánida, expansión que comezou en 632 tras a morte de Mahoma. As fontes desta batalla son dubidosas, posto que as fontes musulmás de Al-Andalus da época a situaron ao redor do 732 pero a Crónica de 754, cristiá e contemporánea, suxeriu que a batalla se produciu a finais de 733 o 734, probablemente en outubro.[1]
Localización
Pese á grande importancia asignada a esta batalla, o lugar exacto onde tivo lugar é descoñecido. Moitos historiadores asumen que os dous exércitos se atoparon nun punto onde os ríos Clain e Vienne conflúen entre Tours e Poitiers.[Cómpre referencia]