Basil J. Hiley, nado o 15 de novembro de 1935 en Myanmar, é un físico británico. Foi profesor na Universidade de Londres.
Traxectoria
Primeiros anos
Fillo dun soldado británico, marchou a Inglaterra aos doce anos. Estudou no King's College de Londres, onde obtivo o doutoramento en 1962 con Cyril Domb e Michael Fisher.
Docencia e investigación
En 1961 foi profesor no Birkbeck College, onde David Bohm era profesor. Comezou a traballar con el, con quen publicou o libro póstumo The Undivided Universe en 1993 (Bohm finou en 1992), que se considera a principal referencia para a interpretación de Bohm da teoría cuántica.
O traballo de Bohm e Hiley caracterizouse por abordar principalmente a cuestión de "se podemos ter unha concepción adecuada da realidade dun sistema cuántico, sexa esta causal ou sexa estocástico ou sexa de calquera outra natureza" e se enfronte ao reto científico de proporcionar unha descrición matemática dos sistemas cuánticos que coincida coa idea dunha orde implícita.[1]
En 1995 obtivo unha cátedra no Birkbeck College de Londres.[2]
Recoñecementos
En 2012 recibiu o Premio Majorana "Best Person in Physics".[3]
Obras
Coautor con David Bohm:
- The Undivided Universe: An Ontological Interpretation of Quantum Theory, Routledge, 1993[4]
- An ontological basis of quantum theory I, Physics Reports, 144, 1987, 323-348[5]
Coeditor con David Peat:
- Quantum implications. Essays in Honor of David Bohm, Routledge, 1987[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas