Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades |
---|
Director | Alejandro González Iñárritu |
---|
Produtor |
- Alejandro González Iñárritu
- Stacy Perskie Kaniss
|
---|
Guión | |
---|
Intérpretes | |
---|
Música | |
---|
Fotografía | Darius Khondji |
---|
Montaxe |
- Alejandro González Iñárritu
- Mónica Salazar
|
---|
Estudio | |
---|
Distribuidora | Netflix |
---|
Estrea | Festival de Venecia: 1 de setembro de 2022 |
---|
Duración | 159 minutos |
---|
Orixe | México |
---|
Xénero | Drama e comedia negra |
---|
Recadación | 43.116 dólares |
---|
Na rede |
---|
|
Bardo, falsa crónica de unas cuantas verdades, ou sinxelamente Bardo, é un filme mexicano de 2022 coescrito, editado, producido e dirixido por Alejandro González Iñárritu.[1] O filme está protagonizado por Daniel Giménez Cacho xunto a Griselda Siciliani, e conta a historia dun xornalista/documentalista que regresa a México e comeza a ter unha crise existencial en forma de visións oníricas. O título fai referencia ao concepto budista bardo, un estado limiar entre a morte e o renacemento.[2] É o primeiro filme de Iñárritu rodado completamente en México dende Amores perros en 2000.
Bardo estreouse na 79ª edición do Festival de Venecia para competir polo León de Ouro o 1 de setembro de 2022, e estreouse nos cinemas o 18 de novembro de 2022. Estreouse posteriormente en liña a través de Netflix o 16 de decembro de 2022. Recibiu valoracións polarizadas da crítica, que eloxiou as actuacións, a fotografía e a dirección, mais estaban divididas na súa escritura e duración. Foi escollido como candidato de México para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] clasificándose na lista curta de decembro. Foi nomeado na categoría de mellor fotografía.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos