Banesco Banco Múltiple, tamén coñecido como Banesco República Dominicana, é unha organización financeira establecida en Santo Domingo, República Dominicana. Iniciou as operacións comerciais en abril de 2011, despois de que en decembro de 2010 a Junta Monetaria deste país lle permitira ofrecer servizos para a banca persoal, pequenas e medianas empresas e corporacións. A finais de 2012 contaba con 9 sucursais neste país e con 230 empregados.[1][2][3]
Banesco ten as súas orixes en Venezuela, onde é líder do mercado da banca privada. Porén, o Holding do grupo está situado en España, e a entidade dominicana é subsidiaria de Banesco Panamá.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas