A bandeira de Venezuela é o pavillón oficial de dito país e un dos tres símbolos patrios, sendo o máis representativo a nivel internacional. A bandeira ten unha proporción de 2:3 e está constituída por tres franxas horizontais de igual tamaño de cores amarelo, azul e vermello, cun arco de oito estrelas dentro da franxa azul. Ademais, na versión estatal, o escudo sitúase á esquerda da mesma dentro da franxa amarela.
O día da bandeira celébrase o 3 de agosto[1][2] como festa nacional en Venezuela, sendo oficializado no 2006 en conmemoración do primeiro izado da bandeira proposta polo Xeneral Francisco de Miranda no chan venezolano.
Outras bandeiras
Bandeira do Reino de España, oficial no país dende a súa creación en 1785 ata a aprobación do pavillón venezolano en 1811.