A bandeira de Porto Rico consiste en cinco franxas horizontais, tres vermellas e dúas brancas alternadas, e superposto sobre as franxas un triángulo equilátero azul, un de cuxos lados forma o extremo da bandeira a carón do mastro. A cor do triángulo é azul. Sobre o triángulo vai superposta unha estrela branca de cinco puntas, colocada de tal xeito que unha das súas puntas sinala cara a arriba.
A bandeira deseñouse durante a última década do século XIX como insignia dos separatistas portorriqueños residentes na cidade de Nova York. A identidade do autor do deseño foi motivo de debate, mencionándose entre os seus posibles autores ós patriotas portorriqueños José de la Matta Terreforte, Antonio Vélez Alvarado, Manuel Besosa e o poeta guerrilleiro Francisco Gonzalo (Pachín) Marín. Porén, unha carta do 20 de maio de 1923, escrita por Terreforte establece que foi Pachín Marín quen lle propuxo a Terreforte dende Xamaica o deseño da bandeira.
Outras bandeiras
Bandeiras históricas ondeadas en Porto Rico
|
|
|
|
Cruz de Borgoña, bandeira do imperio español
|
Bandeira revolucionaria de Lares, 1868
|
Bandeira española colonial (1873–1875)
|
|
|
|
Bandeira da Guerra hispano americana Bandeira do Batallón Provisional No. 3 de Porto Rico
|
Bandeira americana de 45 estrelas
|
Bandeira orixinal de Porto Rico deseñada en 1892
|
Bandeiras dos municipios
Bandeiras políticas de Porto Rico
Bandeiras políticas de Porto Rico
|
|
|
Partido Nacionalista Portorriqueño fundado en 1922
|
Partido Independentista Portorriqueño fundado en 1946
|
|
|
Partido Novo Progresista de Porto Rico fundado en 1967
|
|
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
- Bandeiras de países con status especial
|
|