Bandeira de Daguestán |
---|
|
Características |
---|
Uso | |
---|
Proporción | 2:3 |
---|
Adopción | 26 de febreiro de 1994 (orixinal) 19 de novembro de 2003 (modificada) |
---|
Cores | Verde Vermello Azul |
---|
|
A bandeira de Daguestán (en ruso: Флаг Дагестана; en ávaro: Дагъистаналъул байрахъ; en azerí: Dağıstan bayrağı) é un dos símbolos da república federal rusa de Daguestán. Foi adaptada despois da transformación da RASS de Dagestán na república actual dentro da federación rusa. Foi oficialmente adoptada o 26 de febreiro de 1994. Componse de tres franxas horizontais de cor ver (polo islam),[1] azul (polo mar Caspio),[1] e vermello (pola coraxe e fidelidade).[1] O 19 de novembro de 2003 a proporción da bandeira foi cambiada dende a orixinal 1:2 a 2:3, e a franxa da metade de azul claro a azul escuro.
Esquema de cores
O esquema de cores oficiais foi declarado o 19 de novembro de 2003.[2]
Esquema de cores
|
Verde
|
Azul
|
Vermello
|
CMYK |
100-0-50-42 |
100-66-0-35 |
0-80-86-16
|
HEX
|
#009349
|
#0039A6
|
#D52B1E
|
RGB
|
0-147-73
|
0-57-166
|
213-43-30
|
Bandeiras históricas
Despois da formación da República Autónoma Socialista Soviética de Daguestán, a partir da República Montañosa do Cáucaso Norte en 1921, Daguestán tivo varias bandeiras seguindo o modelo das outras Repúblicas Autónomas, primeiro como bandeiras vermellas coas iniciais da república (é dicir, "ДАССР") e despois unha bandeira da república co mesmo nome. Coa caída da Unión Soviética, Daguestán deixou caer o А (para Автономная, "autónomo") da súa bandeira e a inscrición rezaba simplemente "ДССР".[3] Unha bandeira con franxas horizontais azuis e amarelas puido usarse brevemente en 1993 e 1994 ata que se adoptou unha variación do tricolor horizontal actual en 1994.[3]
-
Bandeira do
Imanato do Cáucaso no século XIX (Imanato de Daguestán).
-
-
-
Bandeira da RASS de Daguestán (1927–1954).
-
Bandeira da RASS de Daguestán (1954–1991).
-
Bandeira da RSS de Daguestán (1991) e da República de Daguestán (1991–1994).
-
Bandeira da República de Daguestán (1994–2003).
Outras bandeiras
Varios pobos de Daguestán idearon as súas propias bandeiras étnicas:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas