A bandeira de Adiguesia (en adigueo: Адыгэ Нып) é a bandeira nacional dos circasianos e bandeira oficial da República de Adiguesia. Consiste nun campo verde con doce estrelas de ouro, nove formando un arco e tres en horizontal, e tres frechas de ouro cruzadas no centro.
Simbolismo e significado
O verde representa a natureza e o islam. A cor de ouro representa un futuro brillante en paz e as colleitas de gran e trigo. Hai doce estrelas, representando as doce tribos de Circasia.[1][2] As frechas son unha referencia a Adyghe Xabze, a cosmovisión circasiana, que quere dicir "paz se es o meu amigo, guerra se es o meu inimigo".
Cores
Esquema de cores
|
Verde
|
Ouro
|
RAL |
6002 |
1026
|
CMYK |
61-0-82-39 |
0-0-99-1
|
HEX
|
#296912
|
#FDFC02
|
RGB
|
41-105-18
|
253-252-2
|
Notas
- ↑ (Abdzakh, Besleney, Bzhedug, Hatuqway, Qabardey, Mamkhegh, Natukhaj, Shapsug, Chemguy, Ubykh, Yegeruqwai e Zhaney)
- ↑ Gammer, M. (2004). The Caspian Region: a Re-emerging Region. Londres: Routledge. p. 67.
Véxase tamén
Ligazóns externas