A Banda de música de Camanzo foi unha formación musical con sede na parroquia de Camanzo, no concello de Vila de Cruces.
Historia
Fundouse en 1910 no lugar de Brandomés, na parroquia cruceña de Brandariz, polo que foi coñecida como Banda de Brandomés nos seus inicios. Co tempo tamén coñeceuse tamén como banda de Camanzo, alternándose ambas as denominacións para referirse a mesma agrupación. Os seus directores foron, por orde cronolóxica, O Carballeda, fundador da de Cira; Andrés Mosteiro Otero e o seu fillo Andrés Mosteiro Figueiras, Manuel Mirás, José Liste, Bernardo del Río, director doutras como Ribadulla; Secundino Pedreira, tamén director doutras agrupacións como Moimenta; e Miguel de Santiago.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas