Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Balsa.
Unha balsa, ou almadía[1][2], é unha embarcación pequena, de forma predominantemente plana, feita con canas, madeiros, toros ou táboas fortemente unidas unhas con outras. Tamén existen balsas construídas con materiais sintéticos como o PVC. É común a madeira chamada precisamente de balsa.
Tipos de balsas
Existen varios tipos de balsas, podendo clasificarse pola súa aplicación ou polo seu material de construción primordial.
De viníl, feitas case na súa totalidade de cámaras de material sintético que utilizan aire como medio para lograr a flotabilidad.
Descenso de ríos. Estas embarcacións son construídas de material sintético como o PVC, teñen capacidade de 4 a 12 persoas, posúen varias cámaras de aire e están reforzadas para a actividade para a que foron fabricadas.
Recreativa. Son pequenas e o seu uso é para recreo en piscinas, praias e outros lugares pouco perigosos.
Notas
↑Denominacións en VV. AA. (2012) Vocabulario forestal, Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo