Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Balkan.
Balkan Airlines (en búlgaro Балкан) foi unha compañía aérea estatal de Bulgaria que existiu entre 1947 e 2002.
Durante a década de 1970 o avión convertérase nun importante medio de transporte en Europa, pero tras a caída do comunismo na Europa do Leste, a empresa tivo inestabilidade financeira.
A pesar de reorganizar a súa administración e continuar as operacións, tras o cambio de milenio e unha controvertida privatización, declarouse en bancarrota en 2002.
Unha compañía nova, a Bulgaria Air, converteuse na aeroliña de bandeira búlgara en 2003.
Véxase tamén
Ligazóns externas