Balduíno II de Courtenay, nado en 1217 e finado en 1273, foi o último Emperador Latino de Constantinopla.
Traxectoria
Foi o menor dos fillos de Iolanda de Flandres, irmá dos emperadores Balduíno I e Henrique I. O seu pai foi Pedro II de Courtenay, terceiro emperador latino, que reinou xunto a Iolanda e foron sucedidos polo irmán máis vello de Balduíno, Roberto de Courtenay, que ao morrer en 1228 transforma a Balduíno de 11 anos no emperador Balduíno II de Constantinopla.
En vista da idade do novo emperador os baróns dos estados latinos en oriente elixiron como emperador-rexente vitalicio ao rei titular de Xerusalén, Xoán de Brienne, e prometeron en matrimonio a Balduíno II coa filla de Xoán, María de Brienne. Así só á morte de Xoán de Brienne o emperador gobernaría todos os territorios do seu imperio. Esta elección de Brienne ocorre coa esperanza de que este reverta a situación na que se atopa Constantinopla desde a morte de Henrique de Flandres, na que o Imperio de Nicea ameaza máis e máis as fronteiras.
Aos 20 anos, en 1237 Balduíno II asume o goberno do seu imperio, pero o seu verdadeiro poder apenas se estendía xa máis aló da cidade de Constantinopla, a súa situación económica era precaria e a súa vida dedicouse especialmente a pedir diñeiro nas cortes europeas. Marchou ao Oeste en 1236, visitou Roma, Francia e Flandres, tentando reunir diñeiro e homes para recuperar o territorio perdido do seu reino. En 1237, co apoio do rei de Francia e a condesa de Flandres, perseguiu á súa irmá Margarida expulsándoa do poder para se converter no seguinte conde de Namur. Pero Balduíno case nunca estaba presente, e despois da invasión e conquista de Namur en 1256 polo conde Henrique V de Luxemburgo, vendeu os dereitos ao condado ao seu primo Guy de Dampierre.
Viuse obrigado a vender a Coroa de espiñas. As súas viaxes por Francia, Flandres e Italia deron resultado. Coa convocatoria do papa Gregorio IX da coñecida como Cruzada dos baróns, un pequeno grupo de cruzados, completamente separado, escoitou o chamado do papa para redirixir a cruzada para ir defender o Imperio Latino de Xoán III Ducas Vatatzés de Nicea e Ivan Asen II de Bulgaria. A comezos de xullo de 1239, Balduíno viaxou a Constantinopla cun numeroso exército (tres veces máis pequeno que a expedición da cruzada dos baróns), incluídos os cinco magnates seculares Humbert de Beaujeu, Thomas de Marle, Josseran de Brancion, William de Cayeaux e Watins de la Haverie[1]. Na súa marcha, coa axuda de Lois IX, Balduíno puido cruzar o territorio de Frederico II. Continuou o seu camiño a través de Alemaña e Hungría, e na fronteira búlgara, recibiu unha invitación amigábel e un permiso para marchar polas súas terras. No inverno de 1239, Balduíno finalmente regresou a Constantinopla, onde foi coroado emperador nalgún momento ao redor da Pascua de 1240, despois do cal lanzou a súa cruzada[2].
Balduíno logo cercou e capturou Tzurulum, un bastión niceno localizado a unhas setenta e cinco millas ao oeste de Constantinopla. Tzurulum estaba na confluencia de dúas grandes rutas cara ao leste no camiño a Constantinopla, unha chegaba desde Tesalónica e a outra desde Adrianópolis. A posesión deste sitio estratexicamente importante debería proporcionar máis seguridade para Constantinopla. Con todo, esa vitoria non puido compensar a perda doutras dúas cidades de Asia Menor, Darivya e Nikitiaton, que foron capturadas por Vatatzés. A pesar da posesión de Tzurulum por Balduíno, o Imperio Latino seguiu dependendo da axuda occidental. Tivo que volver a Europa Occidental, e en Venecia empeñou ao seu fillo máis vello Filipe para obter capital, pero finalmente en 1261 a súa capital foi tomada polo seu rival bizantino, Miguel VIII Paleólogo[2]. Balduíno fuxiu a Italia, pondo fin ao Imperio Latino en Oriente.
Asinou o tratado de Viterbo con Carlos I de Sicilia, que comprometía en matrimonio ao seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay e a unha filla do rei, logrando así ser recoñecidos nalgúns sectores de Oriente.
Balduíno II morreu en 1273.
Matrimonio e descendencia
Casou en 1234 con María de Brienne, morta en 1280 e enterrada na abadía de Maubuisson. Era filla de Xoán de Brienne, rei de Xerusalén e emperador latino de Constantinopla, e Berenguela de León, con quen tamén tivo un fillo:
Devanceiros
Devanceiros de Balduíno II de Constantinopla
Notas
- ↑ Lower, 2005, 149, 155
- ↑ 2,0 2,1 Lower, 2005, 156
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
|
---|
Emperadores do Imperio Latino | |
---|
Emperadores titulares do Imperio Latino | |
---|