Bala (grupo musical)

Bala
Bala no Surfing the Lerez Festival
OrixeA Coruña e Pontevedra, Galicia Galicia
Período2014 - presente
Xénero(s)stoner rock, grunge
Selo(s) discográfico(s)Matapadre, Century Media Records, PIAS Recordings
MembrosÁnxela Baltar
Violeta Mosquera
Na rede
somosbala.com
Facebook: somosbala Instagram: somos.bala Bandcamp: somosbala Musicbrainz: dbc9f9a7-07ef-4618-ae1e-e58f56259b7b Discogs: 628488 Editar o valor en Wikidata
A banda no Liceo Mutante en 2014

Bala é unha banda galega de stoner rock/grunge[1] composta pola coruñesa Ánxela Baltar (guitarra e voces) e a lucense Violeta Mosquera (batería e voces).

Traxectoria

As compoñentes de Bala xa tiñan experiencia en grupos como Calixta, Drama, Salvation Army e MLK antes de formar a banda no ano 2014.[2]

O 14 de setembro de 2015 publicaron o seu traballo de estrea, un álbum de sete temas chamado Human Flesh,[3] gravado no estudio Montealto da Coruña.[2] O 3 de marzo de 2017 editaron o seu segundo disco, Lume,[4] gravado en Cataluña,[2] ámbolos dous a través da discográfica compostelá Matapadre.

En xaneiro de 2019 Bala gravou unha versión do tema de The Smashing Pumpkins "Bodies", coa colaboración de Laura García (Grima) e Olaia Cankillyou (Khmer). Pouco despois a banda subiu o video da versión a YouTube[5] e en xaneiro de 2021 publicou o sinxelo en Bandcamp.[6] Tamén en 2019 foron galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de rock.[7]

No mes de febreiro de 2021, Bala anunciou a súa fichaxe polo selo alemán Century Media Records, a través do cal editarían o seu seguinte álbum. O anuncio estivo acompañado polo vídeo do primeiro sinxelo do disco, "Agitar", que conta con colaboracións de Najwa Nimri, Bonnie Buitrago de Nashville Pussy e da escritora Lúa Mosquetera.[8] O álbum, titulado Maleza, foi editado o día 14 de maio de 2021.

Tras o lanzamento de Maleza a banda iniciou unha xira de promoción que se estendeu ata 2023, realizando o derradeiro concerto da mesma en Barcelona o 21 de setembro.[9] Nese ano Bala tamén cambiou de selo discográfico, fichando por PIAS,[10] e gravou no estudio Ultramarinos Costa Brava o que será o seu cuarto álbum.[11]

O primeiro sinxelo do novo traballo, "Prisas", apareceu en novembro de 2023.[10] En febreiro de 2024 a banda anunciou oficialmente o seu cuarto traballo, titulado Besta. O disco vai ser editado o 26 de abril a través de PIAS. Coindidindo co anuncio, Bala tamén publicou o sinxelo "Equivocarme".[12]

Discografía

Álbum Ano Selo
Human Flesh 2015 Matapadre
Lume 2017 Matapadre
Maleza 2021 Century Media Records
Besta 2024 PIAS

Notas

  1. Desconcierto (ed.). "15 bandas gallegas para el 2015". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 5 de maio de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Biografía de Bala - La Fonoteca". lafonoteca.net. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-02-02. 
  3. Bala (ed.). "Bala - Human Flesh". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 5 de maio de 2017. 
  4. Matapadre (ed.). "Bala - Lume". Consultado o 5 de maio de 2017. 
  5. "BALA - Bodies (The Smashing Pumpkins cover)". Consultado o 2023-11-05. 
  6. "Bodies (The Smashing Pumpkins cover) (2019), by BALA". BALA (en inglés). Consultado o 2023-11-05. 
  7. "Premios Martín Códax 2019". Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  8. Rockzone (2021-02-12). "Bala anuncian su fichaje con Century Media con la estruendosa 'Agitar'". RockZone (en castelán). Consultado o 2021-06-02. 
  9. Olmo, Raúl del (2023-07-07). "La arrolladora gira de Bala con su 'Maleza' se prolonga este verano". Muzikalia (en castelán). Consultado o 2023-11-05. 
  10. 10,0 10,1 Rockzone (2023-11-22). "Bala vuelven con 'Prisas'". RockZone (en castelán). Consultado o 2023-12-08. 
  11. "Bala preparan nuevo disco y el cierre de la gira de “Maleza”". Magazine Musical Digital (en castelán). 2023-07-13. Consultado o 2023-11-05. 
  12. Rockzone (2024-02-29). "Bala anuncian su nuevo disco 'Besta'". RockZone (en castelán). Consultado o 2024-03-21. 

Véxase tamén

Ligazóns externas