Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Axóuxere.
Axóuxere |
---|
País | Galicia |
---|
Lingua | Galego |
---|
Fundación | 1974 |
---|
Desenvolvemento |
---|
Editor | La Región |
---|
Axóuxere foi unha publicación semanal galega de dúas follas, editada por La Región os sábados como suplemento infantil do xornal ourensán,[1] durou do 3 de agosto de 1974 ao 11 de xaneiro de 1975.
Historia
O suplemento botou a andar no verán de 1974.[2] O seu director foi o escritor, e naquel momento tamén mestre de ensino primario, Paco Martín.[1]
Foi, xunto coa publicación Vagalume (1975) a primeira publicación infantil en galego do franquismo, co incipiente aperturismo do tardofranquismo respecto á lingua galega,[1] prohibida en moitos eidos durante o réxime.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos