Un automóbil eléctrico é un vehículo para transporte de persoas ou de mercadorías, propulsado por un ou máis motores eléctricos, usando enerxía eléctrica almacenada normalmente en baterías recargables. Os motores eléctricos proporcionan aos automóbiles eléctricos un par motor instantáneo, proporcionando unha aceleración rápida. Son tamén até tres veces máis eficientes que un motor de combustión interna.[Cómpre referencia]
A decembro de 2019 circulaban no mundo 7,2 millóns de vehículos eléctricos, contando os eléctricos puros (dous terzos) e os híbridos enchufables (o resto). China ten a maior frota de automóbiles eléctricos en uso, con 3,4 millóns, o 47% do parque global, seguido de Europa con 1,7 millóns (25%), e os Estados Unidos con 1,45 millóns (20%).[2]
Historia
Os primeiros coches eléctricos xurdiron na década de 1880.[3] De feito, os coches eléctricos foron populares a finais do século XIX e comezos do século XX, ata que os avances nos motores de combustión interna, sobre todo coa introdución do motor de arranque eléctrico, e a produción en masa de coches de gasolina máis baratos e cun combustible a bo prezo levaron ao declive do uso de coches eléctricos.
Tras varias décadas no esquecemento, a crise do petróleo de 1973 produciu un breve renacemento no interese polos vehículos eléctricos durante a década de 1970 e 1980, aínda que tampouco chegaron a alcanzar a comercialización en masa.[4][5]
Na actualidade,[cando?] varios gobernos nacionais e locais estableceron incentivos para os vehículos eléctricos ou híbridos enchufables, exencións de impostos e outras axudas para promover a introdución e a adopción no mercado deste tipo de vehículos. Os vehículos eléctricos son significativamente máis silenciosos que os vehículos de combustión interna. Non emiten contaminantes durante a súa circulación, posibilitando unha gran redución da contaminación local e dependendo do método usado para a xeración da electricidade empregada, poden comportar unha significativa redución da emisión de gases de efecto invernadoiro.[6]
Carga das baterías e prezo. As baterías de máis de 400 km de autonomía son moi custosas e recárganse nunhas 9 horas sen minguar a súa capacidade. Para evitar este problema sería necesario cambiar as baterías descargadas por outras con carga de maneira inmediata, de forma tal que ao encher nunha estación de servizo o vehículo ingresase case sen enerxía eléctrica e saíse de alí total ou parcialmente cargado poucos minutos máis tarde. Para iso as baterías deberían adaptarse perfectamente de maneira de poder cambiarse rapidamente e que isto puidese facerse tanto de forma total como fraccionada.
En certos casos, a electricidade utilizada para recargar as baterías prodúcese mediante materias primas contaminantes como o carbón. En España, por exemplo, a electricidade utilizada para as baterías supón unhas emisións de dióxido de carbono de 0,276 kg/kWh xerado.
Menor autonomía que un coche convencional dado que necesita recargas frecuentes.
O forte custo de compra inicial. Nalgúns casos o prezo dun coche eléctrico triplica o dun coche convencional. Exemplo: Un Toyota Corolla, gama alta de Toyota, pode custar ao redor de 17 000 euros co básico, un vehículo eléctrico como o THINK City alcanza no mercado os 30 114 euros. Isto podería solucionarse se os fabricantes o decidisen pois xa se comprobou que os vehículos híbridos que estes tenden a baixar de prezo e gañar mercado rapidamente.
A pouca accesibilidade que existe en canto as recargas. Problema que se irá solucionando aos poucos, ao fornecer os puntos de recarga «electrolineiras» por parte do país. Pero para iso quizais sexa imprescindible que as estacións de servizo poidan cambiar as baterías descargadas (total ou parcialmente) por outras con carga de maneira inmediata. Desta forma a empresa interesaríase polo novo negocio e o usuario veríase compensado ao pagar por un servizo que lle aforraría moito tempo de espera.
Vantaxes
O seu mantemento e custo do "combustible" é moito menor ao dun convencional. O Tesla Model S, por exemplo, gasta 700 dólares de electricidade ao ano; o Porsche Panamera Turbo gasta 3 400 dólares de combustible ao ano.[Cómpre referencia]
Maior eficiencia, motor a partir de 0 revolucións e a total ausencia de marchas (en caso de ter transmisión a mesma pode aproveitar a potencia de maneira máis eficiente sen retardo ningún), o que se traduce en mellor resposta en aceleración.[Cómpre referencia]
Nos deportivos, o uso de potencia distribuída nas rodas e control do par motor de cada un proporciona unha maior estabilidade nas curvas, e por tanto, en seguridade.
Segundo Francisco Laverón, Miguel Ángel Muñoz e Gonzalo Sáenz de Miera, dous economistas e un enxeñeiro da compañía Iberdrola, un coche consegue unha eficacia dun 77 % se a electricidade procede de fontes renovables, mentres que un 42 % se procede de enerxía eléctrica baseada en gas natural. Ademais estes autores aseguran que un coche eléctrico podería percorrer case o dobre de quilómetros que un de gasolina.[7]
Poden recargar a súa batería mediante o freado rexenerativo, prolongando así a vida útil das balatas do sistema de freado (o cal aumenta a súa autonomía de certa forma aínda que a mesma só presente un aumento insignificante pero aínda así é unha vantaxe xa que co pasar do tempo e as melloras tecnolóxicas o freado rexenerativo podería axudar a estender a autonomía).
Co pasar dos anos a tecnoloxía das baterías mellorou para ofrecer unha autonomía case similar a algúns vehículos de combustión interna de reducida cilindrada; en modelos máis grandes mesmo poden ter as mesmas comodidades pero tamén se afán os donos dos mesmos a novos hábitos de condución.
Prevese tamén que nun futuro os mesmos vehículos poidan fornecer enerxía suplementaria á rede eléctrica en caso necesario ou tamén prover subministración para un fogar media durante certos períodos de tempo como continxencias eléctricas (para esta modalidade desenvólvense os sistemas V2G.[8] ).
Recarga
Actualmente a infraestrutura de recarga para coches eléctricos atópase avanzada en todos os países de Europa grazas aos avances realizados nos últimos anos. España en particular atópase á cabeza na rede de recarga rápida, xa que dispón de 1244 puntos de recarga rápida, contando con 33 211 coches eléctricos.[9][10] Trátase do país europeo con mellor proporción de cargadores rápidos por coches eléctricos. Este despregamento segue crecendo grazas aos plans de expansión das compañías de instalación e recarga. En 2018, Iberdrola anunciou a maior rede de estacións de recarga rápida en autovías e corredores en España, coa instalación de 200 estacións de recarga rápida: polo menos unha cada 100 km das principais vías, que se suma á previsión de instalar 25 000 puntos de recarga até o ano 2021, incluíndo 16 000 en fogares e 9 000 en empresas que ofrezan recargar aos seus empregados.[11][12]
País
Coches eléctricos
Puntos de recarga rápida
Alemaña
216,264
5,074
Reino Unido
212,651
4,008
Noruega
274,207
3,426
Francia
180,277
1,975
España
33,211
1,242
Holanda
152,510
1,069
Suecia
87,031
1,023
Suíza
37,596
846
Italia
25,363
833
Austria
30,273
575
Consumo
Os vehículos eléctricos destacan polo seu alto rendemento na transformación da enerxía eléctrica da batería na enerxía mecánica coa que se moverá o vehículo (60-85%), fronte ao rendemento da transformación da enerxía do depósito de gasolina na enerxía mecánica que move un vehículo de gasolina (15-20%).[15] O presente e futuro das baterías do vehículo eléctrico parece pasar pola batería de ión de litio, que cada vez se fabrica con maior densidade de carga e lonxevidade permitindo mover motores máis potentes, aínda que por agora a autonomía media dun utilitario eléctrico se atopa ao redor dos 150 km. No entanto, deportivos eléctricos máis caros conseguiron aumentar esa autonomía até os 483 km, como o modelo de 70 kWh do Tesla Roadster. Co obxectivo de saber o consumo que supón o vehículo eléctrico, existen distintas ferramentas, como o programa CEVNE[16] ou o usar táboas de consumo cada 100 km dos principais vehículos eléctricos saídos e por saír nun curto prazo de tempo e o consumo de kWh da batería por cada 100 km de cada un deles e da media.
kWhB/100km que consomen os principais vehículos eléctricos
↑International Energy Agency (IEA), Clean Energy Ministerial, and Electric Vehicles Initiative (EVI) (xuño de 2020). "Global EV Outlook 2020: Enterign the decade of electric drive?". IEA Publications. Consultado o 2020-06-15.See Statistical annex, pp. 247–252 (See Tables A.1 and A.12). The global stock of plug-in electric passenger vehicles totaled 7.2 million cars at the end of 2019, of which, 47% were on the road in China. The stock of plug-in cars consist of 4.8 million battery electric cars (66.6%) and 2.4 million plug-in hybrids (33.3%). In addition, the stock of light commercial plug-in electric vehicles in use totaled 378 thousand units in 2019, and about half a million electric buses were in circulation, most of which are in China.
↑Bettina Kampman, etc (xaneiro de 2010). "Green Power for Electric Cars"(PDF). p. 86. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 15 de febreiro de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2020. páxina 21 (contando a portada)