Auki Kanaima Tituaña Males, nado en Cotacachi o 2 de xaneiro de 1965, nado como Segundo Antonio Tituaña Males, é un economista, político e dirixente indíxena ecuatoriano de etnia kichwa. Foi alcalde de Cotacachi e presidente da Asociación de Municipalidades do Ecuador.
Traxectoria
Nado en Cotacachi o 2 de xaneiro de 1965 como Segundo Antonio Tituaña Males, cambiou os seus nomes polos indíxenas Auki, que significa enerxía, e Kanaima, “guerreiro reivindicador dos vencidos”.[1][2][3]
Os primeiros anos universitarios cursounos na Universidade Católica de Ibarra e na Central de Quito. Entre 1984 e 1990 estudou Economía en Cuba, nas universidades de Camagüey e da Habana, grazas a unha bolsa do goberno cubano. Alí, cun compañeiro otavaleño, aprendeu a falar kichwa.[1][4][5]
Matrimonio
Está casado dende 1988 con Luz Marina Vega Conejo, irmá da dirixente política Nina Pacari. Ten tres fillas: Kuri Pacha (Tempo de Ouro), Allpa Pacari (Terra do Amencer) e Katic Nina Yuyaric (Herdeira das Memorias de Lume).[1][6]
Carreira política
En 1995, xunto con outros dirixentes indíxenas fundou o movemento Pachakutik como brazo político da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie).
Alcalde de Cotacachi (1996-2009)
En 1996 foi elixido alcalde do municipio de Cotacachi en Imbabura, sendo un dos primeiros alcaldes indíxenas na historia ecuatoriana.[7] Foi reelixido en 2000 e 2004. Nas eleccións para a alcaldía de Cotacachi o 26 de abril de 2009 foi derrotado por Alberto Anrango, candidato de PAIS e tamén kichwa.
Durante a súa xestión como alcalde de Cotacachi implementou medidas para erradicar o analfabetismo e reducir a fenda dixital, así mesmo aplicou o sistema de orzamento participativo en que por medio de asembleas cantonais anuais se transmitía á alcaldía a información sobre o uso que os cidadáns preferían dos recursos públicos cantonais á vez que tales asembleas facían de avaiadoras sobre o uso dado ao orzamento do ano anterior.[8]
Post-alcaldía
En 2011 foi candidato á presidencia da Conaie como representante da Federación de Indíxenas da Serra Norte. Logo de obter 353 votos foi derrotado por Humberto Cholango con 472 votos.[9]
En outubro de 2012 foi nomeado candidato á vicepresidencia de Ecuador como binomio de Guillermo Lasso polo movemento Creando Oportunidades (CREO).[7] Logo do seu nomeamento, a dirixencia indíxena da Conaie, presidida por Humberto Cholango, expulsou a Auki Tituaña por considerar a súa alianza con Lasso unha traizón ao indixenismo tradicionalmente filosocialista da organización.[10][11][12]
Tituaña desafiliouse de Pachakutik, un día antes do seu nomeamento como candidato.[13] Tituaña posteriormente renunciou a integrar o binomino con Lasso, alegando que a dirixencia do seu anterior partido Pachakutik lle puxo obstáculos legais á súa inscrición como candidato vicepresidencial.[14][15]
Acalde de Cotacachi
En maio de 2019 asumiu por cuarta ocasión a alcaldía de Cotacachi, logo de gañar as eleccións en representación do movemento Concertación.[16][17][18]
Recoñecementos internacionais
Resultado do seu labor como alcalde de Cotacachi obtivo tres premios internacionais.[19]
- Premio Internacional Dubai ás Mellores Prácticas. Outorgado polo Municipio de Dubai e ONU-HABITAT. (2000)[20]
- Premio "Cidade de paz". Outorgado pola UNESCO. (2002)[21]
- Premio Cidades Dixitais. Outorgado por AHCIET. (2007)[8]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Tituaña, Auki (21 de outubrlo de 2018). Auki: energía de los Andes (PDF). Ecuador. ISBN 978-9942-35-728-1. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "El Alcalde - SEP. 28, 2004 - Política - Historicos - EL UNIVERSO". www.eluniverso.com. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ "Biografía". Auki (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2019. [Ligazón morta]
- ↑ "Ecuadorinmediato". www.ecuadorinmediato.com. Consultado o 11 de xuño de 2019. [Ligazón morta]
- ↑ "Lasso y Tituaña hablan de unidad". El Comercio. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ "Cerca de 60 personas escoltaron a Castro". Explored | Archivo Noticias. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 Diario El Comercio (27 de outubro de 2012). "Auki Tituaña completa el binomio con Guillermo Lasso". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012.
- ↑ 8,0 8,1 La experiencia del presupuesto participativo en Cotacachi Arquivado 27 de xullo de 2021 en Wayback Machine.. Informe de la organización Ordenamiento Participativo de Portugal
- ↑ Diario El Telégrafo (27 de outubro de 2012). "Auki Tituaña es el binomio de Guillermo Lasso". Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2012.
- ↑ Telégrafo, El (29 de outubro de 2012). "El admirador de Fidel que acompaña al ex banquero". El Telégrafo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ Diario El Telégrafo (29 de outubro de 2012). "La Conaie expulsa a Auki Tituaña de sus filas". Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2012.
- ↑ Diario Hoy (29 de outubro de 2012). "Conaie expulsa a Auki Tituaña tras aceptar formar parte del binomio presidencial con Guillermo Lasso". Consultado o 29 de outubro de 2012.
- ↑ Diario El Universo (29 de outubro de 2012). "Auki Tituaña: ‘Confío en el voto de bases indígenas’". Consultado o 29 de outubro de 2012.
- ↑ Pachakutik aún no expulsa a Tituaña y traba su aspiración. El Universo
- ↑ Diario El Comercio (12 de novembro de 2012). "Auki Tituaña ya no es vicepresidencial de Guillermo Lasso". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2012.
- ↑ Hora, Diario La. "Auki Tituaña vuelve a la actividad política - La Hora". La Hora Noticias de Ecuador, sus provincias y el mundo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ Lema, Tupac. "Auki Tituaña vuelve a dirigir el cantón Cotacachi". www.elnorte.ec (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ Hora, Diario La. "Auki Tituaña reemplazará a Jomar Cevallos en Cotacachi - La Hora". La Hora Noticias de Ecuador, sus provincias y el mundo (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ R. E. Rhoades (2006). "Development with Identity: Community, Culture and Sustainability in the Andes". Consultado o 28 de outubro de 2012.
Dubai Award for democratization and UNESCO 'Peace City' Award
- ↑ Diario El Universo (17 de maio de 2008). "Auki Tituaña y el premio Dubai 2000". Consultado o 28 de outubro de 2012.
- ↑ Ecuador Living (2008). "Cotacachi Property – Casa de Cultura". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2012.