Manuel Humberto Cholango Tipanluisa, nado nos Andes, Cangahua, Pichincha, en 1976, é un labrego, dirixente indíxena e político ecuatoriano de nacionalidade kichwa. Dende 2003 até 2009 foi presidente da organización kichwa ECUARUNARI.
Humberto Cholango participou na fundación da Corporación de Organizacións indíxenas e Campesiñas de Cangahua (COINCCA, antes UNOIN) e dirixiu a sección de educación. Foi tamén presidente do grupo de mozos Intipa Churikuna (do kichwa, "Nenos do Sol"), fundador da Radio Intipacha ("Tempo do Sol") e Primeiro Coordinador da Confederación do Pobo Kayambi.
Na ECUARUNARI foi dirixente da mocidade e de educación dende 2000 e foi elixido presidente de ECUARUNARI en 2003. En decembro de 2009 sucedeuno Delfín Tenesaca.
En maio de 2017 foi nomeado Secretario Nacional da auga polo presidente Lenín Moreno.[1]
Notas