Augusto Loredo Martínez, nado en Vigo cara a 1876 e finado na mesma cidade o 16 de abril de 1932, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
A finais de 1894 fíxose cargo da dirección de La República con Avelino Rodríguez Elías. En 1895 emigrou a Paraguai, onde se dedicou aos negocios. Retornou a Vigo en 1924.[1] Militante do PSOE. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro. Foi primeiro tenente alcalde e alcalde accidental. Foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Finou en Vigo o 16 de abril de 1932.[2]
Vida persoal
Casou con Emma Arias Nievas, que finou en 1926, e foi pai de Elisa Loredo Arias.[3]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-9-1924, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-4-1932, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-3-1928, p., 6.
Véxase tamén
Bibliografía