Augusto García Sánchez, finado en Pontevedra en abril de 1978, foi un químico e político galego.
Traxectoria
En 1935 comezou os estudos de Química na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1942[1]. Foi decano do Colexio de Químicos de Galicia, e alcalde de Pontevedra do 16 de maio de 1970[2] ao 1 de febreiro de 1974[3].
En 1934 participou como alumno do Instituto de Pontevedra na representación da obra Sinxebra de Armando Cotarelo Valledor[4]. As súas inquedanzas musicais levárono a ser director do Conservatorio e Presidente da Coral Polifónica de Pontevedra e a Sociedade Filharmónica.
Vida persoal
En 1945 casou con María Luisa Limeses Cotarelo.[5]. Foi pai de seis fillos, entre eles Pedro, Miguel e Luis García Limeses[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas