Jules-Auguste Chatron, nado en Charix (Ain) o 20 de abril de 1844 e finado en Osaca o 6 de maio de 1917 foi un bispo católico francés, misioneiro das Misións Estranxeiras de París e bispo de Osaca, dende 1896 até a súa morte.
Traxectoria
Jules-Auguste Chatron naceu o 20 de abril de 1844 en Charix, no departamento de Ain (eclesiasticamente na diocese de Belley), nunha familia modesta de labregos.[1] Perdeu os seus pais cando era pequeno e educouno un tío. Por influencia dun parente crego, Joseph Carron, entrou no seminario menor de Meximieux, onde estudou até 1866. Continuou os seus estudos no seminario de Brou, e finalmente foi ordenado sacerdote o 26 de setembro de 1869.[1]
Destinado á misión de Nagasaki o 7 de maio de 1873.[1] En 1893 estableceuse en Osaca como vigairo xeral do bispo Henri-Caprais Vasselon,[1] e logo da súa morte foi nomeado bispo de Osaca o 22 de xullo de 1896.[1] En 1903 visitou San Francisco para recadar fondos para a misión, e para tratar unha dobre hernia. Volveu ao Xapón en 1904, logo de pasar por Francia. Finou en Osaca o 5 de xuño de 1917, a causa dunha operación para tratar unha recorrenza nesta doenza.[1]
Notas