Auga salobre é aquela que ten máis sales disolvidos que a auga doce e menos que a auga do mar.
Características
Tecnicamente, considérase auga salobre a que ten unha concentración de sal entre 0,5 e 30 g por litro. A auga salobre é típica dos estuarios e resulta da mestura da auga do río correspondente coa auga do mar. Pode resultar da mestura da auga do mar coa auga doce, como nos estuarios, ou pode encontrarse en acuíferos. Certas actividades humanas poden producir auga salobre, como nos encoros. Tamén se encontra auga salobre de orixe fósil en certos acuíferos asociados a rochas salinas.