O atol Pearl e Hermes (en hawaiano Holoikauaua, en inglés Pearl and Hermes Atoll) forma parte das illas de Sotavento de Hawai.
O atol está moi erosionado e medio mergullado. Consta duns illotes de area a nivel da auga sobre os arrecifes de coral: North, Little North, Southeast, Bird, Sand, Grass, Seal, Kittery. Os illotes son tan baixos que ocasionalmente a auga os cobre. A superficie total é de 0,36 km². Practicamente non hai vexetación.
O atol foi descuberto en 1822, cando dous baleeiros ingleses, o Pearl e o Hermes, naufragaron durante unha tormenta. As dúas tripulacións conseguiron construír un barco novo cos restos dos dous baleeiros e volveron a Honolulú. Facendo honra ao nome de pearl (perla), en 1927 o capitán William Greig Anderson, mentres estaba pescando atunes, descubriu ostras perleras na lagoa. Explotouse este recurso ata hai pouco anos, cando o goberno hawaiano declarou o atol como reserva natural para a protección de aves.